Aires del Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aires del Miño
Fundación1926
LocalidadeArbo
editar datos en Wikidata ]

Aires del Miño foi un semanario editado en Arbo entre 1926 e 1927.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario local independiente. Defensor de los distritos de La Cañiza, Cobelo, Nieves, Cortegada, Creciente y Arbo,[2] apareceu en agosto de 1926.[3] Dirixido por José González Sarandón, o seu fillo Manuel González Estévez era redactor,[4] e Luís Calle o administrador e tamén redactor.[5] Entre os seus colaboradores figuraba Dámaso Pérez Valenzuela. Foi defensor e propagandista das sociedades de emigrantes do distrito en América. O seu correspondente en Buenos Aires era Florentino Márquez Estévez. Publicaba noticias dos concellos da Cañiza, Covelo, Crecente, Cortegada, As Neves e Arbo; crónicas, poemas e relatos en galego. Tivo problemas coa censura a finais de 1927 e foi multado.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Correo de Galicia, 26-9-1926, p. 12.
  2. El Heraldo Gallego, 30-1-1927, p. 6.
  3. El Pueblo Gallego, 21-8-1927, p. 2.
  4. El Tea, 13-6-1927, p. 3.
  5. Correo de Galicia, 29-5-1927, p. 11.
  6. El Progreso, 16-12-1927, p. 2.