Saltar ao contido

Aiguille du Midi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aiguille du Midi
 Nome orixinal
    Aiguille du Midi (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Imaxe
 Parte de
 Epónimo
Localización
 Situado en
 Cordilleira
 Localizado na área protexida
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Altitude
   3.842 m Editar o valor en Wikidata
 Prominencia topográfica
   310 m Editar o valor en Wikidata
 Illamento topográfico
   1,72 km Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF239240449 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/058tfc Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

L'Aiguille du Midi (A agulla do mediodía, en francés) é unha montaña de 3 842 metros situada no macizo do Mont Blanc, nos Alpes franceses. Trátase da máis alta das Agullas de Chamonix.

A agulla é o punto de chegada do teleférico de l'Aiguille du Midi. A súa estación superior está situada a 3 777 metros de altitude, aínda que para alcanzar a punta a 3 842, existe un ascensor.

L'Aiguille du Midi é un dos puntos de partida do Val Branco (Vallée Blanche), e do Telecabina Panorámico do Mont Blanc, que atravesa o glaciar du Géant ata a Punta Helbronner. Atópase na fronteira con Italia, ten unha altitude de 3 462 metros, e desde ela pódese divisar o val de Aosta e a rexión italiana do Piemonte.

O 4 de agosto de 1818 foi alcanzado cume norte de l'Aiguille du Midi por A. Malczewski, J.M. Balmat e outros cinco guías. Posteriormente, o 5 de agosto de 1856, J. A. Devouassoux e A. e J. Simond chegaron ao cume sur.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]