Aida Diestro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAida Diestro
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1924 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte28 de outubro de 1973 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista , directora de orquestra Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1931 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoFilin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoRCA Records Editar o valor em Wikidata

Adelaida Diestro Rega, nada na Habana o 21 de decembro de 1924 e finada o 28 de outubro de 1973) máis coñecida como Aida Diestro, foi unha pianista cubana, directora do famoso grupo vocal Cuarteto d'Aida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou música xunto a seu pai, o sacerdote presbiteriano Vicente Diestro Camejo, e continuou nun conservatorio privado. Foi directora do coro da igrexa de seu pai, que lle ensinou moito sobre a harmonía que máis tarde foi útil. Aida aprendeu máis do músico e compositor Enrique González Mántici, e a súa orientación xogou un papel decisivo na súa futura carreira. Anos despois, dixo: "Mantici deume a confianza para afrontar os prexuízos cos que as artistas femininas se atopaban naqueles días".[1]

Os primeiros compromisos profesionais de Aida foron como pianista na radio, acompañando a artistas como César Portillo de la Luz e Tania Castellanos. O seu gran momento chegou cando, en 1952, formou o Cuarteto d'Aida, que se converteu nun dos grupos máis famosos da súa época. As catro cantantes eran Elena Burke, as irmás Haydée e Omara Portuondo, e Moraima Secada. O grupo, apoiado por músicos masculinos, cantou regularmente no programa de televisión El Show del Mediodía, pero só produciu un LP,[2] titulado Una noche en Sans Soucí, en 1957. Ao ano seguinte gravaron con Lucho Gatica o sinxelo "No puedo ser feliz".[3] Actuaron por toda América, ademais de Europa, Asia e África.[4] O grupo orixinal continuou ata 1960, e foron sendo substituídas a medida que saían.

Aida morreu en 1973 aos 48 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Giro, Radamés (2007). Diccionario enciclopédico de la música en Cuba. La Habana. Vol 2, p. 29.
  2. Victor LP 1532 Cuarteto d'Aida con la orquesta de Chico O'Farrill. An evening at the Sans Souci.
  3. "Lucho Gatica en La Habana" (en castelán). 28 de novembro de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  4. "El cuarteto las D´Aida cumple 65 años" (en castelán). 8 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2019.