Ahmad (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ahmad
EN Ahmad crater.jpg

O cráter Kerwan. O norte está cara a dereita.

Descubridor Voyager 2
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Encélado
Coordenadas 58,76° N 311,57° O[1]
Diámetro 18,7 km[1]
Procedencia do nome Recibe o seu nome en referencia a Ahmad, un dos heroes dos contos das Mil e unha noites.[1]

Ahmad é un cráter de impacto que está situado no hemisferio norte da lúa de Saturno, Encélado. Ahmad foi descuberto por primeira vez en imaxes da Voyager 2 pero foi visto cunha maior resolución (aínda que preto do terminador) pola sonda Cassini . Atópase a 58,8 ° norte Latitude, 311,6 ° Oeste e ten 18,7 quilómetros de diámetro.[1] A parte occidental do cráter está en boa parte ausente, xa sexa enterrada ou esnaquizada preto da marxe oriental de Samarcanda Sulci. Unha estrutura grande e semellante a unha cúpula ocupa o interior do cráter, provocada por recheos de material de Samarcanda Sulci ou por mor da relaxación viscosa.

Ahmad recibe o nome dun heroe dos contos das Mil e unha noites. Tróusolle ó seu pai unha mazá e casou con Pari-Banou.


Notas[editar | editar a fonte]