Agustín Veiga Mejuto
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Agustín Veiga Mejuto | |
---|---|
Lugar de nacemento | Ferrol |
Falecemento | 5 de marzo de 1938 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Irmáns | Antonio Veiga Mejuto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Agustín Veiga Mejuto, Cacharrón, nado en Ferrol e finado o 5 de marzo de 1938, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xornaleiro. Membro da Agrupación Socialista de Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en Ferrol en consello de guerra con Luís Abella Beade, Luís González Díaz, Moisés Lago Lorenzo, Gonzalo Moreno Calvo, Antonio Pena Fernández e José Silva Fernández.[1] Acusado de adhesión á rebelión, foi condenado a pena de morte. Foi executado no castelo de San Felipe o 5 de marzo de 1938 con Pedro Dobarro Regueira.
O seu irmán Antonio Veiga Mejuto foi un guerrilleiro antifranquista.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Requisitoria, La Voz de Galicia, 7-1-1937, p. 6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Agustín Veiga Mejuto na páxina web Nomes e Voces.