Agustín Fernando Muñoz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Agustín Fernando Muñoz y Sánchez 4 de maio de 1808 Tarancón, España |
Morte | 13 de setembro de 1873 (65 anos) Le Havre, Francia |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Outro | |
Título | Duque |
Cónxuxe | María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias (1833–) |
Fillos | Antonio Muñoz y de Borbón, Maria Amparo Muñoz e Bourbon, Maria de los Milagros Muñoz, Agustín Muñoz, Duque de Tarancón, Fernando Muñoz, 2nd Duke of Tarancón, María Cristina Muñoz y Borbón, Juan Muñoz y de Borbón, Conde de Recuerdo, Jose Muñoz y de Borbón, Conde de Gracia |
Pais | Juan Antonio Muñoz e Eusebia Maria Sánchez y Ortega |
Irmáns | José Antonio Muñoz Alejandra Muñoz Gregorio Muñoz |
Parentes | Isabel II de España, fillastra Luísa Fernanda de Bourbon, fillastra |
Premios | |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Encyclopædia Britannica |
Agustín Fernando Muñoz y Sánchez, Duque de Riánsares, nado en Tarancón o 4 de maio de 1808 e finado no Le Havre o 13 de setembro de 1873, foi un militar español, segundo home da raíña e rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Casou en segredo en matrimonio morganático o 28 de decembro de 1833 e tiveron sete fillos:
- María Amparo Muñoz, Condesa de Vista Alegre (1834 - 1864)
- María de los Milagros Muñoz, Marquesa de Castillejo (1835 - 1903)
- Agustín Muñoz, Duque de Tarancón (1837 - 1855)
- Fernando Muñoz, Duque de Riánsares e Tarancón (1838 - 1910)
- María Cristina Muñoz, Marquesa de Isabela (1840 - 1921)
- Juan Muñoz, Conde do Recuerdo (29 de agosto de 1844 - 1863)
- José Muñoz, Conde de García (21 de decembro de 1846 - 1863)
O casamento oficial celebraríase co expreso consentimento da raíña Isabel II (a súa fillastra) o 12 de outubro de 1844. En xuño de 1844 foi nomeado Grande de España e constituíuse o ducado de Riánsares para outorgarlle a el o título. Ao día seguinte da voda oficial era designado tenente xeneral e senador vitalicio. Sabela II concedeulle o Vélaro de Ouro. Adquiriu máis tarde o título de Marqués de San Agustín e, xa no ostracismo en Francia xunta a María Cristina, Lois Filipe I de Francia noméao Duque de Montmorot e outórgalle a Lexión de Honra.
Foi promotor de múltiples negocios e, xunto con María Cristina, crearían empresas adicadas ao ferrocarril no Principado de Asturias e na actual Comunidade Valenciana coas que gañou unha magna fortuna. Rexeitou a coroa de Ecuador, que as autoridades ecuatorianas pretendían instaurar.
Faleceu cinco anos antes que María Cristina na súa casa de Le Havre. Está soterrado no Santuario da Nosa Señora de Riánsares, en Tarancón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agustín Fernando Muñoz |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Le Sang de Louis XIV", Domingos de Araújo Afonso e Outros, Braga, 1961, t. II.