Saltar ao contido

Agrupaciones Independientes de Canarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Agrupaciones Independientes de Canarias
Logotipo
 Instancia de
 Ideoloxía política
 Posición política
Datas
 Fundación / creación
1985 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
28 de maio de 2005 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Escindido de
 Fusionado con
Localización
 Sede
 País
Wikidata

Agrupaciones Independientes de Canarias foi unha federación de partidos políticos de ámbito canario existente desde 1985 até a súa integración en Coalición Canaria.[1]

O partido foi fundado en 1985 co nome de Federación Regional de Agrupaciones Independientes de Canarias, consistindo na unión de distintos partidos e agrupacións de ámbito insular, procedentes na súa maioría da antiga Unión de Centro Democrático (UCD).[2] O 23 de abril de 1986 cambiaron o seu nome ao de Agrupaciones Independientes de Canarias.[3] En 1987 uníuselle a Unión Canaria de Centro. Tratábanse de agrupacións de centro-dereita e insularistas.[4]

En 1993, xunto a Iniciativa Canaria Nacionalista (ICAN), Asamblea Majorera (AM), Partido Nacionalista Canario (PNC) e Centro Canario Independiente (CCI) formaron Coalición Canaria (CC). Con todo, en 1994, Independientes de Fuerteventura (IF) e a Agrupación Independientes de Lanzarote (transformada no Partido de Independientes de Lanzarote (PIL)) abandonan tanto Agrupaciones Independientes de Canarias como Coalición Canaria.

Logrou representación parlamentaria nas eleccións xerais de 1986 e nas de 1989. Foi disolto definitivamente durante o Congreso de Coalición Canaria celebrado o 18 e 19 de maio de 2005, no cal todos os partidos integrantes desapareceron e CC converteuse en partido único.[5]

Integrantes

[editar | editar a fonte]

Dentro desta agrupación integráronse:[6]

  1. José Adrián García Rojas. "¿Un viaje de ida y vuelta? la difícil articulación entre isla y nación de Coalición Canaria (1993-2009)" (PDF). Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  2. "¿Un viaje de ida y vuelta? La difícil articulación entre isla y nación de Coalición Canaria (1993-2009)" (PDF). Consultado o 21 de febreiro de 2017. 
  3. Ministerio del Interior de España. "Agrupaciones Independientes de Canarias". Consultado o 18 de xullo de 2016. [Ligazón morta]
  4. "Sumamos, luego existimos (¿AIC bis?)". Canarias Ahora. 19 de abril de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  5. "Coalición Canaria reelige a Rivero con el 99% de los votos". El País. 30 de maio de 2005. Consultado o 16 de maio de 2005. 
  6. "Agrupaciones Independientes de Canarias". Fundación Juan March. Consultado o 18 de xullo de 2016.