Aeroporto de Cayo Coco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antiga pista do aeroporto, agora estrada.

O Aeroporto de Cayo Coco (código OACI: MUOC) foi un aeroporto en Cayo Coco, Cuba, que servía como aeroporto principal da illa até que foi substituído polo Aeroporto Jardines del Rey, aberto en 2002.

A pista do aeroporto foi incorporada á nova estrada que conecta Cayo Coco con Cayo Guillermo, aínda que algunhas marcas de pista permanecen visibles. Os edificios das terminais do aeroporto e as súas proximidades foron recuperados como parque natural, chamado Parque Natural El Baga.