Aerodinámica
Aparencia
A aerodinámica é a rama da mecánica de fluídos que estuda as accións que aparecen sobre os corpos sólidos cando existe un movemento relativo entre estes e o fluído que os baña, sendo este último un gas e non un líquido, caso este que se estuda en hidrodinámica.
De xeito xeral a aerodinámica como ciencia específica só gañou importancia industrial coa xurdimento dos avións e dos automóbiles pois estes precisan da locomoción coa menor resistencia posible do aire para seren máis rápidos e gastar menos combustible.