Adsorción
Aparencia
A adsorción[1] é o proceso que consiste en atraer átomos, ións ou moléculas á superficie dun material en contraposición á absorción, que é un fenómeno de volume. O grao de absorción depende da temperatura, da presión e da área da superficie
A adsorción química dunha substancia é a súa acumulación nunha determinada superficie, unidos mediante ligazóns químicas. O resultado é a formación dunha película líquida ou gasosa na superficie dun corpo sólido ou líquido.
A adsorción física débese a febles forzas atractivas, xeralmente forzas de Van der Waals, o que implica que calquera superficie limpa exposta ó ambiente amorea unha capa de material fisisorbido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González González, Manuel. Dicionario da Real Academia Galega. Real Academia Galega.