Adriano Paz Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontedeume |
Datos persoais | |
Outros nomes | Valdés de Zayas |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Adriano Paz Suárez, coñecido como Valdés de Zayas, natural de Pontedeume, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Obreiro naval. Colaborou no semanario Renovación. Foi elixido candicato a concelleiro na asemblea de Unión Republicana de Ferrol a principios de abril de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión. Foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Foi expulsado da Constructora Naval. En 1940 conmutáronlle a pena por 6 anos e 1 día. En 1949 obtivo o licenciamento definitivo. Publicou o libro Otra vida... Liberación. Poesía y prosa (2005).
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Josefina Martínez Ruíz en 1929.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 5-4-1936, p. 11.
- ↑ La Voz de Galicia, 19-2-1922, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Adriano Paz Suárez na páxina web Nomes e Voces.