Adriano Paz Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Pontedeume, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Outros nomes | Valdés de Zayas |
Actividade | |
Ocupación | político |
Adriano Paz Suárez, coñecido como Valdés de Zayas, natural de Pontedeume, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obreiro naval. Estivo afiliado ao Partido Federal. Colaborou no semanario Renovación. Foi elixido candidato a concelleiro na asemblea de Unión Republicana de Ferrol a principios de abril de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión o 18 de agosto. Foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Foi expulsado da Constructora Naval. En 1940 conmutáronlle a pena por 6 anos e 1 día. Pasou polas prisións de La Casería de Ossio de San Fernando (ata novembro de 1941) e Provincial de Huelva, de onde saíu en liberdade provisional o 22 de xullo de 1942.[2] En 1949 obtivo o licenciamento definitivo. Publicou o libro Otra vida... Liberación. Poesía y prosa (2005).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefina Martínez Ruíz en 1929.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 5-4-1936, p. 11.
- ↑ BOE, 28-7-1942, p. 5537-5538.
- ↑ La Voz de Galicia, 19-2-1929, p. 2.