Adolfo Campos Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1970 (54 anos) Lalín, España |
Alcalde de Dozón | |
2020 – ← Adolfo Campos Panadeiros | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Partido político | Partido Popular |
Familia | |
Pai | Adolfo Campos Panadeiros |
Adolfo Campos Vázquez, nado en Lalín o 4 de marzo de 1970, é un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Adolfo Campos Panadeiros, quen fora empresario e alcalde de Dozón moitos anos. É o conselleiro-delegado de NuCamSA, unha empresa de abonos e fertilizantes, e das súas sociedades dependentes, todas elas creadas e dirixidas inicialmente polo pai. En 2024 foi condenado pola morte dun traballador da empresa Frigodeza.[1]
Foi concelleiro de Dozón e primeiro tenente de alcalde. Viña presidindo os plenos municipais desde principios de 2020 pola saúde do alcalde e pai. En xuño de 2020 Adolfo Campos Panadeiros dimitiu de alcalde e de concelleiro, por razóns de saúde, e o seu fillo fíxose cargo da alcaldía.[2] O 13 de xullo de 2020 foi elixido alcalde de Dozón.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Condenan o alcalde de Dozón (PP) pola morte dun operario na empresa da que era conselleiro delegado". Nós Diario. 19 de xuño de 2024.
- ↑ "Adolfo Campos deja la Alcaldía de Dozón tras 33 años en el cargo". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-06-26.
- ↑ "La mayoría popular elige nuevo alcalde de Dozón a Adolfo Campos Vázquez". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-07-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Adolfo Campos Panadeiros |
Alcalde de Dozón 2020 - actualidade |
Sucesor: no cargo |