Saltar ao contido

Administración SSC-Khatumo de Somalia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Administración SSC-Khatumo de Somalia
 Nome orixinal
North Eastern State of Somalia (en)
Dowlad Goboleedka Waqooyi Bari ee Soomaaliya (so)
ولاية خاتمة (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Características
 Parcialmente coincidente con
 Lingua usada
 Forma de goberno
 Moeda
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
2012
2023 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Substitúe
Northland State (en) Traducir (2008 - 2009)
Estado Maakhir de Somalia (2007 - 2009)
SSC State (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Capital
Las Anod (pt) Traducir
Las Khorey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 Contén división administrativa
 Área urbana máis poboada
Buhoodle (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   2.500.000 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   103.897 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gkzx4j Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Prefixo telefónico
+252 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Localización de Khatumo en Somalia.

Khatumo, oficialmente Administración SSC-Khatumo de Somalia (en somalí, Maamul Goboleedka Khatumo; en árabe, ولاية خاتمة الصومال ) é unha Rexión autónoma de Somalia, nunha zona disputada entre Maakhir e Somalia.

Estableceu un goberno rexional para ser recoñecida como unha entidade federal de Somalia o 1 de xullo de 2009, pero non foi recoñecido nin polo goberno federal de transición de Somalia, nin polo goberno de Puntlandia.

O 11 de xaneiro de 2017 foi reincorporado a Somalilandia e Puntlandia.

A zona de Khatumo está principalmente habitada polo clan Reer Darawiish, un membro da Conferedación de Clanes de Harti, conxuntamente cos Warsangeli e os Makheerteen, e un clan da tribo Darod.

Os Reer Darawiish foron orixinalmente uns dos principais actores da creación do estado de Puntlandia como sucesor dos Sultanatos Harti despois do colapso do goberno central de Somalia en 1991, pero, desde a proclamación da in dependencia (ou autonomía) de Puntlandia en 1998, os Reer Darawiish temeron a súa desaparición no estado, cando o clan Majeerteen asumiu un papel hexemónico nel.

O Estado de SSC-Khatumo proclamou a súa autonomía o 1 de xullo de 2009, nunha cerimonia celebrada en Buuhoodle, a capital, reclamando territorios tanto de Somalilandia como de Puntlandia, sendo proclamado presidente Haglatoosiye.

Nesta zona, o Sool Oriental e Ayn (Cayn), existe unha gran cantidade de conflitos polo dominio da terra entre Somalilandia e Puntlandia. Ambos os estados teñen empresas petroleiras nesta parte de Sool, co consentimento do líder local, que tamén contribuíu ao desexo dos Reer Darawiish locais de administraren os seus propios asuntos, así como de resolver as disputas con Mohamud Muse Hersi, o actual presidente de Puntlandia.

Ademais, Maakhir reclamou a parte oeste da rexión de Sanaag a Puntlandia, así como Togdheer (Cayn) a Somalilandia.

Nin Benadir nin Mogadishu recoñeceron o novo estado.

A pesar de que existían rumores de conversacións con Ali Mohammed Ghedi, o primeiro ministro de Somalia, o goberno de transición de Somalia deixou de comentar o status de SSC-Khatumo e apunta a Las Anod como a autoridade oficial da rexión.

Xeograia humana

[editar | editar a fonte]

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

Khatumo reclamou as seguintes divisións administrativas que consideraba baixo o seu control:

Las cidades máis grandes da zona reclamadas por SSC-Khatumo son Badhan, Las Khorey, Las Anod, Hudun, Buhoodle, Taleh, Kalabaydh, Widhwidh e Erigavo.

Maakhir, oficialmente Estado Maakhir de Somalia (en somalí, Maamul Goboleedka Maakhir; en árabe, ولاية ماخر الصومال ) é unha Rexión autónoma de Somalia, nunha zona disputada entre Somalilandia e Puntlandia.

Situación política no norte de Somalia.
Situación política en Somalia
(Estados, rexións, distritos).
Decembro de 2016.