Adegas Moure
Aparencia
Adegas Moure | |
---|---|
O Cabo do Mundo. | |
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 1958 |
Localización | Rúa Buenos Aires, 12 27540 Escairón (O Saviñao) |
Fundador | José Moure López |
Persoas clave | Xosé Manuel Moure Evaristo Rodríguez |
Industria | Alimentación |
Produtos | Viño Augardente Xenebra |
Beneficio | 3 millóns de euros (2010)[1] |
Na rede | |
https://www.adegasmoure.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Adegas Moure é unha empresa galega produtora de viños e licores con sede en Escairón, na provincia de Lugo.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes da adega son unha abadía mercada pola familia Moure en 1936. Adegas Moure foi fundada en 1958 pola familia Moure en Escairón. Os viñedos da adega baixan polas ladeiras do río Miño, nunha volta coñecida como O Cabo do Mundo. Dende entón a adega gañou 120 premios nacionais e internacionais[2].
En 1982 construíronse unhas novas adegas. Produce na Ribeira Sacra viño Mencía, Albariño e Godello. A adega produce 320.000 botellas de viño e unhas 300.000 de augardente ao ano, tamén produce xenebra.
Marcas da adega
[editar | editar a fonte]- Abadía da Cova
- Fuga
- Moure de Autor
- ANA London DRY GIN
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Evaristo Rodríguez Socio da adega Abadía dá Cova, do Saviñao
- ↑ "Premios". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2013.