Adama Boiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boiro
Información persoal
Nome Adama Boiro Boiro
Nacemento 22 de xuño de 2002
Lugar de nacemento Dakar
Altura 1.83 metros
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Bilbao Athletic
Carreira xuvenil
San Jorge
Ardoi
2019–2021 Osasuna
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021–2024 Osasuna Promesas 67 (1)
2024– Bilbao Athletic 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 25 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Adama Boiro Boiro, nado en Dakar, o 22 de xuño de 2002, é un futbolista senegalés que xoga como extremo ou lateral esquerdo no Bilbao Athletic, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Dakar o 22 de xuño de 2002, deixou a capital senegalesa sendo novo, instalándose en Navarra. Alí comezou a xogar ao fútbol no San Jorge, antes de ser fichado polo Ardoi de Zizur Nagusia.[1] En 2020 recibiu a chamada de Osasuna, que o incorporou ao seu equipo xuvenil da División de Honra, no que xogou durante dous anos. Para a tempada 2021/22 foi subido ao filial do club, o Osasuna Promesas, equipo da Segunda División RFEF.[2] Na súa primeira campaña no equipo dirixido por Santi Castillejo disputou 24 partidos, aínda que só un deles como titular. Marcou un gol e contribuíu a que o equipo se proclamase campión e ascendese de xeito directo á Primeira División RFEF. Na súa segunda campaña comezou a aparecer no once inicial con máis frecuencia e converteuse en titular indiscutible durante a primeira metade da campaña 2023/24.

En xaneiro de 2024 o Athletic Club pagou os 2 millóns e euros da súa cláusula de rescisión e incorporou ao xogador, facéndolle ficha do filial, o Bilbao Athletic.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ciorda, Luca (13 de xullo de 2023). "Adama Boiro, la alternativa ofensiva" (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2023. 
  2. "Tres fichajes para Osasuna Promesas" (en castelán). 9 de xullo de 2021. Consultado o 5 de decembro de 2023. 
  3. "El Athletic ficha a Adama Boiro, canterano de Osasuna, pagando su cláusula de dos millones" (en castelán). 24 de xaneiro de 2024. Consultado o 25 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]