Adam Papée

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adam Papée
Szermierze AZS Kraków 1922.jpg
Nacemento21 de xullo de 1895
 Lviv
Falecemento6 de marzo de 1990
 Bydgoszcz
SoterradoSalwator Cemetery
NacionalidadePolonia
Ocupaciónesgrimista
PremiosHonoured Administrator of Physical Education
editar datos en Wikidata ]

Adam Stanisław Papée, nado en Lviv o 21 de xullo de 1895 e finado en Bydgoszcz o 6 de marzo de 1990, foi un tirador de esgrima polaco, gañador de dúas medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educado en Cracovia, uniuse ás Lexións Polacas en 1914 ao comezo da Primeira Guerra Mundial, ferido na batalla de Konary (1915) recibiu dúas veces a Cruz ao Valor. Despois da guerra estudou económicas e dereito (1918-1923). Papée foi un dos pioneiros da esgrima en Polonia, un dos fundadores da Asociación de Esgrima Polaca en 1922, e o seu presidente entre 1926 e 1930. Foi catro veces campión nacional polaco de sabre (1926, 1927, 1929 e 1932) e estivo en catro olimpiadas entre 1924 e 1936 logrando dúas medallas de bronce en sabre por equipos nos Xogos Olímpicos de 1928 e 1936.[1] Foi tamén xuíz de esgrima desde 1923 (internacional desde 1930). Durante a Segunda Guerra Mundial loitou na Insurrección de Varsovia (1944). Despois da guerra participou na reconstrución do tecido deportivo polaco, foi o primeiro vicepresidente da reconstruída Federación Polaca de Esgrima (1945) de retirarse da alta competición foi adestrador de varios clubs e publicou dous libros de memorias: Na planszach czterech olimpiad en 1957 e Na białą broń en 1987.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adam Papée Olympic Results". sports-reference.com. Consultado o 2010-03-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]