Actun Tunichil Muknal
Coordenadas: 17°7′48″N 88°51′57″O / 17.13000, -88.86583
Actun Tunichil Muknal (ou a Cova do Sepulcro de Cristal) é unha cova de Belize, preto de San Ignacio, no distrito de Cayo , que é un salientable sitio arqueolóxico maia que inclúe de esqueletos, cerámicas e olaría. Hai varias áreas con restos esqueletos na cámara principal. O máis coñecido é "a dama de cristal", o esqueleto dunha adolescento (unha moza de 18 anos),[1] posibelmente vítima de sacrificio, cuxos ósos foron calcificados, cunha aparencia cristalizada.
As cerámicas do sitio son significativos en parte por ter "buratos de morte", o cal indica que foron empregados con propósitos cerimoniais. Moitos dos artefactos maias e outros restos están completamente calcificados no chan da cova. Un dos artefactos, coñecido como "ola do mono", é un dos catro obxectos dese tipo atopados en toda América Central.[2] Os maias tamén modificaron as formacións da cova, nalgúns casos para crear altares para as ofrendas, noutros para crear siluetas de facianas e animais ou para proxectar unha imaxe de sombra na cova. A cova está decorada extensamente nos pasos superiores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Crystal Maiden of the Actun Tunichil Muknal Cave: Belize Cave Containing the Sparkling, Calcite Covered Skeletons of Mayan Children, Sacrificed to the Rain God." Atlas Obscura. URL: http://www.atlasobscura.com/places/the-crystal-maiden-of-the-actun-tunichil-muknal-cave.
- ↑ "Actun Tunichil Muknal". Belize Tourism Board. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2012. Consultado o 6 de xuño de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Actun Tunichil Muknal |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marachov, Nick and Williams, Nick (ed) Below Belize ca. 1991.
- Miller, Tom Tunichil Muknal The Canadian Caver vol 21 no 2, 1989.
- Williams, Nick An Introduction to Cave Exploration in Belize. Journal of Cave and Karst Studies 58(2):69-75
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Actun Tunichil Muknal en TravelBelize.org