Accidente ferroviario do Porriño
O accidente ferroviario do Porriño de 2016 foi un descarrilamento ferroviario que tivo lugar o 9 de setembro de 2016 no Porriño. O tren cubría o servizo Celta entre Vigo e Porto.
O accidente tivo lugar ás 9:25 da mañá á entrada da estación do Porriño desde Redondela. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal descarrilou e provocou a morte de 4 persoas (o maquinista José Arnaldo Moreira, de nacionalidade portuguesa, o interventor e dous pasaxeiros, un deles de Vigo e outro estadounidense) e 48 feridas.[1][2][3] En total viaxaban no tren 63 persoas.
Tras a recuperación da caixa negra comprobouse que o tren circulaba a 118 km/h nun tramo limitado a 30. Estaba nun tramo recto cando descarrilou, e logo de chocar cuns paus o tren quedou parado contra unha torre de electricidade.
Tras o accidente abriuse unha investigación por parte da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tres mortos e varios feridos ao descarrilar un tren de pasaxeiros en O Porriño". Europa Press. 9 de setembro de 2016.
- ↑ "Al menos tres muertos al descarrilar un tren en O Porriño". La Voz de Galicia. 9 de setembro de 2016. Consultado o 9 de setembro de 2016.
- ↑ "Tres fallecidos y una veintena de heridos en Porriño al descarrilar el tren que enlaza Vigo y Oporto". Faro de Vigo. Consultado o 9 de setembro de 2016.
- ↑ "El equipo que estudia la tragedia del tren Celta se da aún meses para finalizar un año después". Faro de Vigo. 27 de agosto de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017.