Accidente de Torre del Bierzo
O accidente ferroviario de Torre del Bierzo tivo lugar o 3 de xaneiro de 1944 en Torre del Bierzo (provincia de León) ao chocaren dentro do túnel número 20 da liña Palencia-A Coruña un tren correo, unha locomotora en manobras e un tren de mercadorías.
Vítimas
[editar | editar a fonte]O número oficial de vítimas mortais foi de 78 segundo a autoridade xudicial, pero sempre se sospeitou que o Réxime franquista puido ocultar a magnitude real do accidente.[1][2] Documentos posteriores elevaron a cifra a 200 falecidos[2], pero hai indicios e estudos que dan un saldo de ata 500 ou 800 mortos.[2]
Entre os falecidos estaba Alfonso Ortega Prada.
Repercusión
[editar | editar a fonte]O franquismo rapidamente censurou a dimensión desta catástrofe, dado que o pésimo estado das infraestruturas ferroviarias e a constante falta de mantemento eran en boa medida as responsables do accidente, debido a que se tivo que responder a escasezas de todo tipo e a necesidade da reconstrución dos danos producidos pola recente guerra civil, unha tarefa difícil pola presente escaseza de recursos económicos.[3] Varias décadas despois, o accidente daría título a unha curtametraxe (Túnel número 20) dirixido por Ramón de Fontecha, que obtivo o Premio Goya á mellor curtametraxe documental en 2002.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "55 años del accidente de Torre del Bierzo" Arquivado 14 de abril de 2011 en Wayback Machine., artigo na web da Asociación Berciana de Amigos del Ferrocarril, 1999 (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Torre del Bierzo conmemora la tragedia ferroviaria ocultada por el franquismo", artigo en El País, 4 de xaneiro de 1999 (en castelán).
- ↑ "Un corto rescata del olvido un trágico accidente de tren ocultado por el franquismo", artigo de Marifé Moreno en El País, 6 de xaneiro de 2003 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- TodoTren. "El gran accidente", artigo en Todo tren (en castelán).
- "El accidente de Torre del Bierzo", artigo de Fernando Fernández Sanz na web Astorga.com, agosto de 1997 (en castelán).
- "¿Qué pasó en el túnel número 20?", artigo de Gonzalo Garcival en El Mundo, 12 de xaneiro de 2003 (en castelán).