Saltar ao contido

Accidente de Torre del Bierzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accidente de Torre del Bierzo
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Data
3 de xaneiro de 1944 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Vítima
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   111 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
78
500 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0by0qsn Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Desaparecido túnel número 20 na estación de Torre del Bierzo.

O accidente ferroviario de Torre del Bierzo foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 3 de xaneiro de 1944 en Torre del Bierzo (provincia de León) ao chocaren dentro do túnel número 20 da liña Palencia-A Coruña un tren correo, unha locomotora en manobras e un tren de mercadorías.

O número oficial de vítimas mortais foi de 78 segundo a autoridade xudicial, pero sempre se sospeitou que o Réxime franquista puido ocultar a magnitude real do accidente.[1][2] Documentos posteriores elevaron a cifra a 200 falecidos[2], pero hai indicios e estudos que dan un saldo de ata 500 ou 800 mortos.[2]

Entre os falecidos estaba Alfonso Ortega Prada.

Repercusión

[editar | editar a fonte]

O franquismo rapidamente censurou a dimensión desta catástrofe, dado que o pésimo estado das infraestruturas ferroviarias e a constante falta de mantemento eran en boa medida as responsables do accidente, debido a que se tivo que responder a escasezas de todo tipo e a necesidade da reconstrución dos danos producidos pola recente guerra civil, unha tarefa difícil pola presente escaseza de recursos económicos.[3] Varias décadas despois, o accidente daría título a unha curtametraxe (Túnel número 20) dirixido por Ramón de Fontecha, que obtivo o Premio Goya á mellor curtametraxe documental en 2002.

  1. ↑ "55 años del accidente de Torre del Bierzo" Arquivado 14 de abril de 2011 en Wayback Machine., artigo na web da Asociación Berciana de Amigos del Ferrocarril, 1999 (en castelán).
  2. 1 2 3 "Torre del Bierzo conmemora la tragedia ferroviaria ocultada por el franquismo", artigo en El País, 4 de xaneiro de 1999 (en castelán).
  3. ↑ "Un corto rescata del olvido un trágico accidente de tren ocultado por el franquismo", artigo de Marifé Moreno en El País, 6 de xaneiro de 2003 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]