Accidentes ferroviarios en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Desde a chegada do ferrocarril a Galicia foron diversos os accidentes sucedidos, xa fosen por circunstancias meteorolóxicas, por erros humanos, por neglixencias, ou mesmo por suicidio. Entre os máis graves poden citarse os seguintes:

Accidentes ferroviarios en Galicia
Data Lugar Descrición Vítimas
16/09/1878 Entre Redondela e Vigo, km 9 Descarrilou o tren da liña Ourense-Vigo polo mal estado das travesas, quedando só a máquina na vía. Sen danos persoais
28/07/1881 Viaduto de Madrid (Redondela) O condutor do tren mixto procedente de Tui golpeou coa cabeza o petril do viaduto mentres examinaba unha peza da parte inferior do furgón no que viña, e caeu ao baleiro
20/01/1886 San Clodio (Ribas de Sil) Descarrilou un tren de viaxeiros por mor dunha forte nevarada que provocou o derrubamento dunha trincheira. Unha persoa morta e cinco feridas.
1895 Redondela Colisión do tren Correo de Castela nº3 co de Vigo nº 26. Ás 23:48 entraron ó mesmo tempo en agullas. O xefe de estación alertou co disco anunciador ó tren de Vigo. O maquinista fixo retroceder o tren, máis o Correo de Castela procedente de Porriño non tivo tempo de frear. Doce persoas feridas.
26/02/1896 Estación de Redondela Chocaron un tren correo e un mercadorías. Dúas persoas mortas e once feridas.
17/05/1899 Chapela (Redondela) Atropelo Faleceu unha meniña de dous anos e medio.
17/04/1901 O Coto (Cesantes, Redondela) Atropelo. Adelaida Figueroa, de 18 anos faleceu ao tentar salvar unha nena que se atopaba distraída na vía.
11/08/1901 Estación de Redondela Unha máquina e cinco vagóns descarrilados. Varias persoas feridos sen gravidade.
?/09/1902 Redondela Atropelo do tren correo. Rita Prieto Malde resultou ferida de gravidade nun brazo.
07/11/1902 Preto da estación de San Clodio - Quiroga Descarrilou un tren de mercadorías. Unha persoa morta e catro feridas.
06/06/1906 Preto do Barco de Valdeorras. Descarrilou un tren mixto. Unha persoa morta e outra ferida.
19/06/1908 Redondela O tren que viña de Vigo atropelou unha muller que caera á vía ao ser agredida por unha parella de bois que coidaba logo de que estes se asustasen polo ruído do tren ao saír do túnel. Morte de Regina Carrera.[1]
28/05/1910 Entre o túnel dos Valos e o viaduto de Redondela Atropelo do tren descendente nº 11 Faleceu José Martínez Pérez.
18/12/1910 Entre Arcade e Redondela Descarrilamento por mor dun desprendemento de terras. Sen danos persoais.
14/05/1914 Estación de Redondela O tren rápido Vigo-Santiago rozou por un lateral cun tren de traballo que retrocedía da vía-apartado, do cal descarrilaron tres plataformas. Dous ou tres pasaxeiros feridos leves.
10/03/1915 Entre as estacións da Frieira e Filgueira (Crecente) Un gran volume de rocha desprendeuse dun talude. Afectou á locomotora e seis unidades do convoi do tren correo Madrid-Vigo. 19 persoas mortas e 25 feridas.[2].
12/11/1916 Estación de Bóveda Choque de dous trens de mercadorías. Unha persoa morta e seis feridas.[3].
19/01/1917 Estación das Neves Descarrilamento de cinco vagóns dun tren de mercancías cargado de mistos.[4]
27/09/1918 Estación de Ribadavia Descarrila un tren rápido. Catro feridos.[5]
02/03/1919 Proximidades de Redondela Caen dous obreiros dun tren de carga ao pasar por un túnel. Un morto e un ferido grave.[6]
13/09/1922 Estación de Monforte de Lemos Atropelo de dúas mulleres. Un morto e un ferido.[7]
07/10/1928 Paredes (Vilaboa) Descarrilou o correo matutino Pontevedra-Vigo, e o ténder da locomotora e varios vagóns caeron á enseada de San Simón por un terraplén de 7 metros. Dos vinte e catro vagóns do convoi, cinco eran de pasaxeiros, mais non se viron afectados ao iren na cola do tren. Unha persoa morreu ao saltar do tren en marcha cando viu que descarrilaba, e dúas persoas resultaron feridas.[8]
03/12/1928 Guitiriz Un tren de mercadorías atropela un coche nun paso a nivel, estoupando o depósito de gasolina. Tres mortos, entre eles o exhibidor cinematográfico Antonio Méndez Laserna.[9]
20/06/1929 Estación de Redondela Atropelo. Unha señora levaba no colo a súa filla pequena, e baixou do tren correo procedente de Monforte para coller o que se dirixía a Pontevedra, que xa iniciaba a marcha. Foi collida entre o estribo dun dos vagóns e o bordo da plataforma, e as rodas do tren amputáronlle un brazo á meniña. Unha ferida.
21/05/1930 Estación de San Clodio Atropelo. Dous feridos.[10]
14/10/1930 Entre a estación da Pousa (Crecente) e a estación de Arbo Descarrilou o expreso Madrid-Vigo. Unha persoa morta e doce feridas.[11]
18/03/1931 Estación de Redondela Atropelo. Un mozo apeouse do tren, e ao tentar tomalo de novo cando xa estaba en marcha enganchouse da gabardina e caeu á vía. O tren arrastrouno uns metros aprisionado entre a plataforma e o estribo. Un ferido leve.
18/03/1931 Estación de Redondela O tren procedente de Santiago non deu freado e rebentou os topes situados ao final da vía morta, polo que descarrilou. O maquinista e algúns viaxeiros sufriron feridas leves.
05/10/1931 Estación de Vigo Un home é atropelado cando cruzaba a vía. Morte de Estanislao Méndez Treviño.[12]
10/02/1932 Rande (Cedeira, Redondela) Un tren descarrilou a carón da Vidreira. Sen danos persoais.
23/03/1932 Un home é atropelado cando trataba de subir ao tren. Un morto.[13]
10/07/1933 Preto da estación de Curtis Descarrilou un furgón e dous coches do expreso Madrid-A Coruña. Tres persoas mortas e 47 feridas.
08/08/1933 Proximidades da estación de Barallobre Descarrila un vagón de pasaxeiros unido a un tren de mercadorías. Sen danos persoais.[14]
23/09/1933 Preto do viaduto de Pontevedra (Redondela) Atropelo, logo de que unha muller xorda non escoitase o tren Unha persoa morta.
11/10/1933 Proximidades da estación de Montefurado Chocan o expreso de Galicia e un tren mixto. Nove feridos.[15]
?/11/1934 Estación de Redondela Un home caeu ao tentar subir ao tren correo de Pontevedra, e faleceu atropelado. Morte de Francisco Iglesias Lusquiños, de 65 anos.
11/10/1935 Entre a estación de San Clodio - Quiroga e a estación da Pobra do Brollón Descarrilou un tren de mercadorías. Unha persoa morta e tres feridas.
17/10/1935 Entre as estacións de Parga e Baamonde Descarrila un tren de mercadorías. Sen danos persoais.[16]
04/12/1935 Estación de Monforte de Lemos Atropelo dunha muller. Un morto.[17]
02/07/1936 Estación do Norte (A Coruña) Unha máquina atropela un grupo de persoas que ían á beiravía. Cinco feridos.[18]
12/08/1939 Túnel de Redondela Un tren atropela unha muller e a súa filla, que intentaban subir. Morte de María Rodríguez, de 62 anos.[19]
20/09/1948 Entre as estacións de Valos e Redondela Descarrila un tren de mercadorías. Sen danos persoais.[20]
05/08/1948 Entre Parga e Baamonde Descarrila un tren de mercadorías. Sen danos persoais.[21]
22/03/1949 Estación de Betanzos - Norte Un tren choca cun automóbil nun paso a nivel. Dous mortos e dous feridos.[22]
16/07/1949 As Curuxeiras Un tren choca cun automóbil nun paso a nivel. Un morto, un ferido e un desaparecido.[23]
19/07/1949 Estación de Arcade Chocan dous trens. Catorce feridos.[24]
21/10/1949 Paso a nivel de Paredes (Vilaboa) Unha camioneta é atropelada cando regresaba de Vigo a Pontevedra. Falecidos Rodolfo Estévez López e o director da Banda Popular de Marín, José R. Sampablo. Varios músicos feridos[25].
06/12/1950 Preto da estación de Cecebre (Cambre) Choque do correo Madrid–A Coruña cun automotor. Cinco persoas mortas e arredor de dez feridas.[26].
27/11/1951 Chapela (Redondela) Descarrilamento da máquina do tren mixto da liña Vigo-Madrid por un desprendemento de terra. Sen danos persoais.
30/12/1951 Estación de Redondela Descarrilamento dun coche de viaxeiros e o furgón de cola do tren mixto Vigo-Santiago cando manobraba na vía morta. Varios feridos, un deles de gravidade.
08/03/1952 A Pobra de San Xiao (Láncara) Unha locomotora chocou contra un tren. Morreu o gardafreos.
18/03/1952 Estación de Redondela Atropelo do tren especial de Pontevedra mentres manobraba. Un ferido ao sufrir a amputación dun pé.
20/05/1952 Entre a estación de Padrón e a estación da Escravitude O expreso de Madrid a Santiago de Compostela chocou cun convoi de doce vagóns cisterna cargados de gasolina que se desprenderon da cola dun tren de mercadorías que o precedía na marcha. A colisión provocou a explosión de dúas das cisternas e o incendio de parte destas e de varias unidades do expreso. Doce persoas mortas e numerosas feridas.[27].
29/09/1952 Estación de Quereño Descarrila un tren de mercadorías. Dous feridos.[28]
28/11/1952 Estación do Barco de Valdeorras Descarrila un tren correo. Sen danos persoais.[29]
28/11/1952 Estación dos Peares Descarrila un tren de mercadorías. Un ferido.[29]
07/01/1954 Entre as estacións de Curtis e Cesuras Descarrilamento de cinco vagóns do expreso Madrid-A Coruña. Un ferido leve.[30]
24/09/1954 Rábade Atropelo. Un morto. O gardagullas Evangelista Rey Galán faleceu ao salvar a vida dun neno[31]
23/11/1954 Viaduto da Chanca Atropelo. Un morto.[32]
09/12/1954 Entre as estacións de Filgueira e Ribadavia Descarrila unha máquina de tren. Sen danos persoais.[33]
18/03/1955 Viaduto da Chanca Un home caeu á vía mentres viaxaba no tren. Un ferido.[34]
24/03/1955 Estación da Coruña Un tren correo atropela unha muller. Morte de María de los Ángeles Valencia Fernández.[35]
10/12/1955 Estación de Laxosa Chocan un expreso CV 12 e o Shanghai 413. Sete feridos.[36]
19/01/1956 Estación de Redondela Un tren que entraba no depósito de máquinas chocou cunha locomotora que viña en dirección contraria. Dous feridos: o condutor e o fogueiro do tren de mercadorías.
17/08/1956 Na estación de Teixeiro Chocaron dous mercantes por un erro no cambio de agullas. Dúas persoas mortas e outras dúas feridas.
21/09/1956 Ourense Descarrila un tren de mercadorías. Un morto e un ferido.[37]
29/09/1956 Estación de Lugo O expreso A Coruña-Madrid sofre un corte de tensión que provoca unha detención repentina e descarrilan algúns vagóns. Sen danos persoais.[38]
01/11/1956 Entre as estacións da Pobra do Brollón e do Freixeiro Varios vagóns de mercadorías saen da vía. Dous feridos.[39]
04/12/1956 Estación da Rúa - Petín Descarrilan cinco vagóns do correo Vigo-A Coruña-Madrid. Sen danos persoais.[40]
28/12/1956 Entre a estación de Quereño (Rubiá) e a estación de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) Descarrilou o expreso Madrid-A Coruña. Cinco persoas mortas e 49 feridas.[41].
02/06/1957 Túnel entre as estacións de Areas e Santo Estevo Descarrila un tren de mercadorías. Dous feridos.[42]
22/07/1957 Na estación de Vilagarcía de Arousa. Bateron de fronte dous trens de viaxeiros das liñas A Coruña-Vigo e Vigo-Santiago de Compostela, por un erro na posición dos cambios de agullas. 39 persoas feridas.
02/09/1957 Proximidades da estación de Pontevedra Un tren atropela un rapaz de catorce anos. Un morto.[43]
04/09/1957 Estación do Freixeiro Descarrilan dous vagóns con cemento e salvado. Un ferido grave.[44]
21/03/1958 Chapela (Redondela) O tren curto de Pontevedra descarrilou a uns 700 metros da estación de Chapela. Un dos vagóns quedou a uns centímetros dun desnivel de 30 metros, ao fondo do cal había casas habitadas. Sen danos persoais.
05/07/1958 Ponte de San Xoán Un tren atropela un home. Un morto.[45]
26/08/1958 Entre as estacións de Chapela e Vigo Atropelo. Un morto.[46]
27/10/1958 Estación de Santo Estevo do Sil Descarrila un tren de mercadorías. Sen danos persoais.[47]
28/10/1958 Estación de Ourense-Empalme Choca unha máquina diésel coa máquina dun expreso. Catro feridos.[48]
03/01/1959 Un tren atropela un home. Un morto.[49]
03/01/1959 Estación de Sarria Un tren atropela unha muller. Un ferido moi grave.[49]
23/03/1960 Salvaterra de Miño Atropelo. Un morto.[50]
12/08/1960 Estación de Ribadavia Choque de dous trens. Once feridos graves.[51]
15/05/1961 Verín Atropelo. Un morto.[52]
01/05/1962 Atropelo. Un morto.[53]
20/12/1963 Preto da estación de Oural (Sarria) Descarrilaron varios vagóns dun tren mercadorías. Unha persoa morta e dúas feridas.
02/01/1964 Baños de Molgas Descarrilou a locomotora do tren da liña Ourense-Zamora ao saír do túnel 88. Caeu nun camiño polo que circulaba un ciclista, que faleceu. Unha persoa morta.
01/01/1966 Proximidades da estación da Pobra do Brollón Atropelado un traballador das vías. Un morto.[54]
29/09/1967 Entre Ribeiras de Lea e Outeiro de Rei Atropelo. Un morto.[55]
29/09/1967 Paso a nivel do Salgueiral Atropelo. Un morto.[55]
13/12/1967 Estación de Ourense Atropelo. Unha muller sofre a amputación dunha perna.[56]
25/01/1968 Estación de Rubián Descarrilou un tren con cemento. Unha persoa morta e outra ferida.[57].
27/08/1968 Proximidades de Foz Un home suicídase arroxándose ao tren. Un morto.[58]
18/01/1969 Alba (Pontevedra) Descarrilou o rápido Vigo-A Coruña ao abrandar as terras por mor das choivas. A locomotora e varios vagóns precipitáronse por un terraplén. Dúas persoas mortas, 37 feridas e dúas desaparecidas (o maquinista e un axudante)[59].
15/02/1969 Estación de Baños de Molgas Un traballador esvara ao subir ao tren en marcha. Un morto.[60]
24/09/1969 Begonte Atropelo. Un morto.[61]
17/07/1970 Laza Descarrila un vagón do expreso Madrid-A Coruña. Sen danos persoais.[62]
12/04/1971 Laza Descarrilan dous vagóns do Ter. Sen danos persoais.[63]
01/12/1971 Paso a nivel de Pumares-Sobradelo Choque dun tren cun automóbil nun paso a nivel. Tres mortos.[64]
14/07/1973 Covas (Viveiro) Descarrilou un vagón de pasaxeiros do FEVE na liña Ferrol-Xixón. Catro persoas mortas e dúas feridas. O maior accidente en liña de vía estreita en Galicia.
02/11/1973 Entre O Porriño e Redondela Descarrila un tren de mercadorías. [65]
10/05/1974 Proximidades da estación da Pobra do Brollón Descarrila un tren de mercadorías. Sen danos persoais.[66]
30/08/1974 Estación da Ponte Taboada Descarrila un tren de mercadorías na Ponte Taboada. Catro vagóns caen sobre o río Deza en Prado (Lalín)[67][68]
15/04/1975 Taboadela Chocaron unha locomotora e dous tractores de manobras que circulaban en dobre composición. Dúas persoas mortas e seis feridas.
12/08/1975 Entre Bamio e a estación de Vilagarcía de Arousa Descarrilou un ferrobús que realizaba o percorrido entre Santiago de Compostela e Vigo. Seis persoas mortas e máis de corenta feridas.[69].
04/11/1975 Provincia de Lugo Un tren choca cun autobús nun paso a nivel. Doce feridos.[70]
08/11/1975 Entre a estación de Laza e a estación de Vilar de Barrio O expreso Rías Baixas da liña Madrid-Pontevedra descarrilou no interior dun túnel. Cinco persoas mortas e 9 feridas.[71].
09/12/1975 Sobradelo, Carballeda de Valdeorras Rotura dunha vía. Sen danos persoais.[72]
23/12/1975 Descarrilan tres vagóns do expreso Rías Altas. Sen danos persoais.[73]
05/03/1976 Entre as estacións de Oural e Rubián Atropelo. Un morto.[74]
25/03/1976 Sobradelo, Carballeda de Valdeorras Un neno cae dun tren. Un ferido leve.[75]
11/05/1976 Casabranca, Oza, A Coruña Descarrila un vagón do expreso A Coruña-Madrid. Dúas persoas feridas.[76]
09/09/1976 Rande (Redondela)[77]. O expreso 2745 Santiago de Compostela-Vigo chocou cunha locomotora. O balance oficial do accidente foi de 15 persoas mortas e 35 feridas, mais outras fontes sinalaron vinte mortos.[78].
10/02/1977 Estación de Bóveda Un expreso entra nunha vía morta e choca co edificio da estación. Nove feridos.[79]
05/04/1981 Estación de Oza dos Ríos O expreso A Coruña-Irún e o semidirecto Monforte-A Coruña chocaron frontalmente por un erro na posición dos cambios de agullas. 38 persoas feridas.
09/04/1981 A Pousa (Crecente) Descarrilou o expreso Barcelona-Vigo. 24 persoas feridas.
06/10/1985 Parga (Guitiriz) Un tren choca cun automóbil nun paso a nivel. Dúas persoas falecidas, Jesús Ferros Castro e Delia Iglesias Piñeiro[80]
16/04/1987 Provincia de Ourense Chocan un tren correo e o vagón de cola do “Rías Altas”. Seis feridos.[81]
14/10/1987 Santiago de Compostela Descarrila un tren Talgo por mor dun derrubamento. Doce feridos.[82]
30/10/1993 Preto dos Peares. Atropelo no interior dun túnel. Tres adolescentes mortos[83]
26/12/1995 Estación de Guitiriz Un tren de mercadorías choca co expreso A Coruña-Barcelona. Sen danos persoais[84]
27/08/2000 Preto da estación de Barra de Miño (Coles) Un turismo foi atropelado por un tren nun paso a nivel sen barreiras. Catro persoas mortas e unha ferida de gravidade.[85].
8/10/2000 Boebre (Pontedeume) Descarrila un tren de época que conmemoraba o 125 aniversario da liña Lugo-A Coruña. Sen danos persoais.[86]
18/11/2000 Vigo Un rexional TRD da liña Coruña-Vigo choca co tope da estación 23 persoas feridas[87]
21/10/2001 Portela (Barro) Descarrilamento do tren Costa de Galicia por un desprendemento de terra debido ás choivas. Sen danos persoais[88]
10/09/2002 Figueirido (Vilaboa) O tren rexional A Coruña-Vigo bateu contra un tractor que caera á vía desde unha estrada paralela. Un ferido leve.[89]
07/12/2004 Monte Porreiro (Mourente, Pontevedra) Atropelo. Un home de 62 anos falecido. Posible suicidio.[90]
19/12/2004 Figueirido (Vilaboa) Atropelo do TRD A Coruña-Vigo. Un mozo de 22 anos falecido. Posible suicidio.[90]
13/04/2005 Salcedo (Pontevedra) Unha pa escavadora golpeou un tren rexional R-598 da liña Vigo-A Coruña Seis persoas feridas.[91]
25/04/2007 Valga Nun paso a nivel un tren rexional atropelou un turismo. Tres persoas mortas, os ocupantes do coche.[92].
30/10/2007 Paredes (Vilaboa) O tren rexional Vigo-A Coruña atropelou un home de 78 anos. Un ferido de gravidade.[93].
03/01/2008 A carón da estación de Pontecesures Descarrilamento do R-598 A Coruña-Vigo Sen danos persoais.[94]
17/03/2009 Salcedo (Pontevedra) Atropelo Unha persoa ferida.[95]
16/01/2010 Ourense Atropelo dunha rapaza Unha rapaza ferida[96]
19/07/2011 Cerponzóns (Pontevedra) Choque nun paso a nivel do rexional Vigo-A Coruña cun camión nas obras do eixe atlántico de alta velocidade. Tres persoas feridas.[97].
15/04/2012 O Porriño O tren Vigo-Madrid atropelou un home nun paso a nivel Unha persoa morta.[98]
12/05/2012 Catoira O tren rexional A Coruña-Vigo atropelou unha persoa. Un home morto.[99]
24/07/2013 Curva da Grandeira, en Angrois (Santiago de Compostela) O Alvia 730 da liña Madrid-Santiago de Compostela descarrilou por exceso de velocidade. 80 persoas mortas e 144 feridas. Véxase accidente de Angrois.
07/03/2014 Pontecesures Atropelo dunha vaca Unha vaca morta.[100]
15/04/2014 Ponte Sampaio (Pontevedra) Descarrilou un tren de mercadorías. Sen danos persoais.[101].
21/05/2014 Ponte sobre o río Lérez, en Lérez (Pontevedra) Atropelo Unha persoa morta. Posible suicidio.[102]
04/09/2014 Bamio (Vilagarcía de Arousa) Atropelo Unha muller morta.[103]
9/02/2015 Estación da Susana, Santiago de Compostela Un tren de mercadorías que estaba a facer manobras de enganche de vagóns chocou contra un tope de final de vía Tres vagóns descarrilados. Sen danos persoais.[104]
26/03/2015 Mos, preto da Estación do Porriño O tren da liña entre Valença do Minho e Vigo atropelou unha muller Unha muller falecida.[105]
19/06/2015 Louredo (Mos) Un tren de mercadorías bateu contra un coche que caera á vía desde a estrada N-550 Sen danos persoais.[106]
30/08/2016 Bamio (Vilagarcía de Arousa) Un tren atropelou un rapaz de 20 anos Un home falecido.[107]
09/09/2016 O Porriño Descarrilou un tren da liña Vigo-Porto, chocando contra un poste eléctrico Catro persoas mortas e máis de corenta feridas.[108][109] Véxase accidente ferroviario do Porriño.
17/11/2016 Pontevedra Un tren atropelou unha persoa Unha persoa morta.[110]
11/07/2017 Figueirido, Vilaboa Un tren atropelou unha persoa na entrada ao túnel de Canaval desde Arcade Unha muller morta[111]
01/12/2017 A Coruña O tren da liña A Coruña-Monforte de Lemos atropelou unha persoa Unha muller morta[112]
25/04/2018 A Coruña Atropelo dunha persoa no túnel do Casabranca Unha muller morta[113]
27/06/2018 Vilaronte, Foz Atropelo dunha persoa Unha muller morta[114]
10/11/2018 Portela (Barro) Choque contra unha árbore caída Sen danos persoais[115]
28/07/2020 Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) Descarrilamento dun tren de mercadorías na liña entre Monforte de Lemos e Ponferrada Sen danos persoais[116]
03/12/2020 Reariz (Alba, Pontevedra) Descarrilamento[117] Sen danos persoais
07/11/2021 Neda Atropelo Un home falecido[118]
12/07/2023 Recimil (Lugo). Liña Palencia - A Coruña, km 423 Colisión en paso a nivel Dou homes falecidos (J.C.R., de 21 anos e M.F.R., de 19) e outro ferido (J.F.G., de 22 anos), todos eles traballadores da infraestrutura ferroviaria[119]
23/08/2023 Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras) Descarrilamento dun tren de mercadorías[120] Sen danos persoais
09/10/2023 Filgueira (Crecente) Atropelo Un home morto[121]
11/10/2023 As Casas Baratas (O Barco de Valdeorras)[122] Atropelo Un home falecido: M.M.L., de 47 anos[123]
2/01/2024 O Vicedo[124] Caída dunha árbore Sen danos persoais

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Arrollada por el tren", artigo en ABC, 20 de xuño de 1908 (en castelán).
  2. "Desprendimiento de tierras. Parte de un tren sepultado", artigo en Heraldo de Madrid, 11 de marzo de 1915, pp. 1 e 2. Hemeroteca dixital da BNE. (data de acceso, 15 de outubro de 2013)
  3. "Choque de trenes", artigo en ABC, 13 de novembro de 1916 (en castelán)
  4. Accidente ferroviario
  5. Accidente ferroviario
  6. Accidente ferroviario
  7. Dos mujeres arrolladas por el tren
  8. "Parte de un tren que descarrila, cae al mar. Un muerto y dos heridos graves", artigo en ABC, 9 de outubro de 1928 (en castelán).
  9. "El Sr. Méndez Laserna y sus acompañantes, víctimas de un accidente de automóvil", artigo en ABC, 4 de decembro de 1928 (en castelán).
  10. Arrollados por el tren
  11. Descarrilamiento del Expreso de Madrid a Vigo
  12. Teniente de la Guardia Civil arrollado y muerto en accidente ferroviario
  13. Destrozado por el tren
  14. Un descarrilamiento
  15. Choque del expreso de Galicia con un mixto cerca de Montefurado
  16. Descarrilamiento de un tren de mercancías
  17. Un tren arrolla a una mujer en la estación de Monforte
  18. En la estación de Coruña una máquina atropella a un grupo de personas y resultan cinco heridas
  19. "Al intentar tomar un tren en marcha resulta muerta una mujer y otra, herida", artigo en ABC, 13 de agosto de 1939 (en castelán).
  20. En Redondela descarrila un mercancías
  21. Descarrila un tren pescadero en un túnel
  22. Dos muertos y dos heridos en un paso a nivel
  23. Automóvil arrollado por el tren
  24. Catorce heridos en choque de trenes
  25. "Se cumplen 65 años del trágico accidente de la Banda Popular de Marín", artigo en Faro de Vigo, 19 de outubro de 2014 (en castelán).
  26. "Choque del expreso de Madrid a La Coruña con un automotor. Hubo cinco muertos y numerosos heridos", artigo en ABC, 7 de decembro de 1950, p. 18.
  27. "Once personas, según cálculos provisionales, perecieron carbonizadas al chocar el expreso de Galicia con los vagones de un mercancías", artigo en ABC, 21 de maio de 1952, p. 21.
  28. Accidente ferroviario
  29. 29,0 29,1 Descarrilamiento de un tren correos y un mercancías
  30. "Descarrilamiento del expreso de Madrid a La Coruña", artigo en ABC, 8 de xaneiro de 1954 (en castelán).
  31. "Rábade solicitará a la Xunta que cree un parque comarcal de bomberos". La Voz de Galicia. 15 de setembro de 2004. 
  32. Un hombre sordo, arrollado por el tren en Lugo
  33. Descarrilamiento
  34. Se cae del tren
  35. Otros sucesos
  36. Chocan dos trenes en la provincia de Lugo
  37. Arrollado y muerto por un tren
  38. Accidente al expreso Coruña-Madrid
  39. Accidente ferroviario
  40. Descarrilamiento de vagones del correo Vigo-Madrid
  41. "Resultan seis personas muertas y cuarenta y nueve heridas al descarrilar el expreso Madrid – Galicia cerca de Quereño (Orense)", artigo en ABC, 29 de decembro de 1956, pp. 55 e 56.
  42. Descarrilamiento de un tren
  43. Niño arrollado y muerto por un tren
  44. Accidente ferroviario
  45. Dos muertos por el tren
  46. Murió un joven arrollado por el tren
  47. Descarrilamiento de un tren de mercancías
  48. Accidente ferroviario en la estación de Orense
  49. 49,0 49,1 Dos personas arrolladas por el tren
  50. Arrollados por trenes
  51. Accidente ferroviario
  52. Arrollados y muertos por trenes
  53. Muerto al ser arrollado por un tren
  54. Muerto por el tren
  55. 55,0 55,1 Artigo en ABC
  56. Arrollada por el tren en Orense
  57. "Un ferroviario muerto y otro gravísimamente herido en descarrilamiento cerca de Monforte", artigo en ABC, 26 de xaneiro de 1968 (en castelán).
  58. Se arroja al paso del tren
  59. "Dos muertos, dos desaparecidos y treinta y siete heridos al descarrilar el rápido Vigo-La Coruña cerca de Pontevedra", artigo en ABC, 19 de xaneiro de 1969 (en castelán)
  60. Mortales accidentes de trabajo
  61. Muerto por el tren
  62. Descarrila el expreso Madrid-La Coruña
  63. Descarrila el Ter
  64. Tres miembros de una familia muertos por el tren
  65. Descarrila un tren de mercancías
  66. Descarrila un tren de mercancías
  67. "Cuatro unidades de un mercancías se precipitaron al río Deza. Casi 2 millones de pérdidas". La Voz de Galicia. 3 de setembro de 1974. 
  68. "Lalín reivindicará de nuevo retirar los vagones caídos al Deza en los años 70". La Voz de Galicia. 9 de agosto de 2020. 
  69. "Villagarcía de Arosa: cinco muertos al descarrilar un ferrobús", artigo en La Vanguardia, 13 de agosto de 1975, p. 12.
  70. Accidente en paso a nivel
  71. "Cinco muertos al descarrilar el tren “Rias Bajas” de Madrid a Vigo", artigo en ABC, 9 de novembro de 1975, p. 43.
  72. Accidente ferroviario
  73. Descarrilan en Orense tres vagones del expreso “Rías Altas”
  74. Muertos por un tren
  75. Un niño sonámbulo se arroja de un tren
  76. Accidente de tráfico en la Curva de Casablanca
  77. "El trágico accidente ferroviario de Rande", artigo en La Vanguardia, 10 de setembro de 1976 (en castelán).
  78. "Veinte muertos en un accidente ferroviario, en Vigo". El País. 10 de setembro de 1976. .
  79. "Nueve heridos al estrellarse el expreso Irún-La Coruña en una estación de Lugo". ABC. 11 de febreiro de 1977. 
  80. "Sucesos". ABC (en castelán). 7 de outubro de 1985. 
  81. "Orense: seis personas heridas en un choque de trenes". ABC (en castelán). 17 de abril de 1987. 
  82. "Maquinista grave por el descarrilamiento de un Talgo". ABC (en castelán). 15 de outubro de 1987. 
  83. "Tres niños excursionistas muertos al arrollarles un tren en el interior de un túnel lucense". ABC (en castelán). 31 de outubro de 1993. p. 79. 
  84. "Chocan dos trenes en Lugo sin producir desgracias personales". ABC (en castelán). 27 de decembro de 1995. 
  85. "Cuatro muertos y un herido en Orense tras ser arrollado un vehículo por un tren en un paso a nivel sin barreras". ABC (en castelán). 28 de agosto de 2000. p. 34. 
  86. "Un tren de época descarrila en Pontedeume a causa del deterioro de las traviesas". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de outubro de 2000. 
  87. "Un fallo eléctrico, posible causa del choque del TRD que provocó 23 heridos en Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de novembro de 2000. 
  88. "El accidente ferroviario en Portela colapsó ayer la estación de Vilagarcía". La Voz de Galicia. Edición Arousa (en castelán). 22 de outubro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2016. Consultado o 19 de maio de 2016. .
  89. "Un tren rexional arroia un tractor en Pontevedra", artigo en La Voz de Galicia, 10 de setembro de 2002.
  90. 90,0 90,1 "Un joven de 22 años fallece arrollado por un tren en Figueirido"". La Voz de Galicia. Edición Pontevedra (en castelán). 19 de decembro de 2004. Arquivado dende [ttp://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/12/19/3308680.shtml?idioma=galego o orixinal] o 19 de maio de 2016. Consultado o 18 de maio de 2016. 
  91. "El maquinista evita que descarrile un Nexios que chocó con una excavadora". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de abril de 2005. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2016. Consultado o 18 de maio de 2016. .
  92. "Tres personas mueren arrolladas por un tren cuando cruzaban con su coche un paso a nivel en Pontevedra", artigo en ABC, 26 de abril de 2007, p. 28. (en castelán)
  93. "Internado grave no Hospital Juan Canalejo o ferido do accidente de tren en Vilaboa", artigo en La Voz de Galicia, 1 de novembro de 2007.
  94. "Un tren descarrilla en Pontecesures sin causar heridos", artigo en 20 minutos, 3 de xaneiro de 2008 (en castelán).
  95. "Unha persoa resulta ferida ó ser arroiada por un tren en Pontevedra" Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine., artigo en Galicia Hoxe, 17 de marzo de 2009.
  96. "O atropelo dunha rapaza por un tren en Ourense remata con Adif exculpada malia a súa obriga de valar as vías", artigo de José Precedo en Praza Pública, 3 de xaneiro de 2018.
  97. "El choque de un tren con un camión obliga a cortar tres horas la vía Vigo-A Coruña", artigo en Faro de Vigo, 19 de xullo de 2011 (en castelán).
  98. "Un atropello en Porriño obliga a cortar una hora el tráfico ferroviario entre Vigo y Ourense", artigo en Faro de Vigo, 16 de abril de 2012 (en castelán).
  99. "Un arrollamiento mortal en Catoira obliga a paralizar una hora el tráfico ferroviario a Vigo", artigo en Faro de Vigo, 13 de maio de 2012 (en castelán).
  100. "El tren atropella y mata una vaca a la altura de Pontecesures", artigo en La Voz de Galicia, 8 de marzo de 2014.
  101. "Corte de tráfico ferroviario polo descarrilamento dun tren de mercadorías en Arcade", artigo en Pontevedra Viva, 15 de abril de 2014.
  102. "Interrompen o tráfico ferroviario entre Pontevedra e Portela por un atropelo en Lérez", artigo en Pontevedra Viva, 21 de maio de 2014.
  103. "Fallece una persona atropellada por un tren en Vilagarcía", artigo en Diario de Pontevedra, 4 de setembro de 2014 (en castelán).
  104. "O descarrilamento de Boqueixón de febreiro de 2015 debeuse a un despiste admitido por quen dirixía a manobra". Praza Pública. 26 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 26 de maio de 2019. .
  105. "Una joven muere arrollada por un tren en Mos y el tráfico ferroviario permaneció dos horas cortado", artigo en Faro de Vigo, 27 de marzo de 2015 (en castelán).
  106. "Salva la vida tras caer con su coche a la vía en Mos y ser arrollado por un tren" Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine., artigo en Vigo é, 19 de xuño de 2015 (en castelán).
  107. "Falece un mozo de 20 anos atropelado por un tren en Vilagarcía", artigo en Pontevedra Viva, 30 de agosto de 2016.
  108. "Tres mortos e varios feridos ao descarrilar un tren de pasaxeiros en O Porriño". Europa Press. 9 de setembro de 2016. 
  109. "Dos fallecidos y decenas de heridos al descarrilar un tren en Porriño". Faro de Vigo. 9 de setembro de 2016. 
  110. "Detido o tráfico ferroviario entre Pontevedra e Santiago por un atropelo mortal". Pontevedra Viva. 17 de novembro de 2016. 
  111. "Fallece una persona arrollada por un tren en Vilaboa". Diario de Pontevedra. 11 de xullo de 2017. 
  112. "Muere una mujer arrollada por un tren en A Coruña", artigo en La Vanguardia, 1 de decembro de 2017 (en castelán).
  113. "Unha muller morre arroiada por un tren na Coruña", Galicia Confidencial, 25 de abril de 2018.
  114. "Muere una sexagenaria en Foz atropellada por un tren", El Progreso, 28 de xuño de 2018.
  115. Natalia Puga e Diego Torrado (10 de novembro de 2018). "Un tren con 35 viaxeiros choca contra unha árbore en Barro e non deixa feridos". Pontevedra Viva. 
  116. "O descarrilamento dun tren de mercadorías en Sobradelo corta a liña Monforte-Ponferrada". O Sil. 28 de xullo de 2020. 
  117. "Descarrila un tren con 53 pasaxeiros, todos eles ilesos, á entrada de Pontevedra". Pontevedra Viva. 3 de decembro de 2020. 
  118. "Un pescador de 40 años muere en Neda arrollado por un tren que se dirigía a Ferrol". La Voz de Galicia. 8 de novembro de 2021. Consultado o 11-12-2021. 
  119. "Un falecido e dous feridos graves tras impactar un tren contra un vehículo en Lugo". Nós Diario. 12 de xullo de 2023. 
  120. "Descarrila un tren de mercadorías ao seu paso por Vilamartín de Valdeorras". O Sil. 23 de agosto de 2023. 
  121. "Muere un senderista arrollado por un tren de mercancías en Crecente". Faro de Vigo (en castelán). 9 de outubro de 2023. 
  122. "Falece un home no Barco ao ser arrollado por un tren". O Sil. 11 de outubro de 2023. 
  123. Europa Press (11 de outubro de 2023). "Arroiado un home de 47 anos por un tren no Barco de Valdeorras". Galicia Confidencial. 
  124. "Cortado o tráfico ferroviario no Vicedo ao colidir un convoi cunha árbore". Nós Diario. 2 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]