Saltar ao contido

Acción Ciudadana Liberal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acción Ciudadana Liberal
Logo
Tipopartido político
Data de fundación1978
Data de disolución1979
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Acción Ciudadana Liberal (ACL) foi un partido político español de centro activo no tempo da transición á democracia. Xurdiu en 1978 e estaba dirixido por José María de Areilza que fora ministro de asuntos exteriores (1975-1976). Nas eleccións xerais de 1979 foi parte de Coalición Democrática e Areilza foi elixido deputado por Madrid, pouco despois a ACL integrouse en Alianza Popular.