Saltar ao contido

Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto
 Instancia de
Implicados
 Presidente/a
Datas
 Fundación / creación
22 de xullo de 2022 Editar o valor en Wikidata
Wikidata
O Couto Mixto no mapa de José de Castro López sobre A Raia (1863). Apréciase a «estrada neutral» ou camiño privilexiado. ++++ Límites do Couto Mixto ++++ Fronteira pretendida polos españois ++++ Fronteira pretendida polos portugueses ++++ Fronteira non-cuestionada

A Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto (ACSCM)[1] é unha sociedade plural e creativa integrada por cualificadas personalidades para un mellor coñecemento desa xeografía común do territorio a ambos lados da raia galego-portuguesa, e foi impulsada pola Asociación de Amigos do Couto Mixto. No ano 2025 a asociación pasa a denominarse oficialmente: Asociación de Amigos e Amigas do Couto Mixto[2].

A súa función será aglutinar a personalidades relevantes de aquén e alén da raia en todas as disciplinas da investigación. Tamén é unha academia dedicada ás ciencias sociais co obxectivo de estudar e investigar o Couto Mixto, recuperando documentación histórica relacionada con este microestado independente entre 1147–1868.

Creouse o día 22 de xullo de 2022[3], coincidindo coa entrega dos nomeamentos como Xuíz Honorario correspondentes a ese ano.

Presidente

[editar | editar a fonte]

Académicos

[editar | editar a fonte]
#AnoNomeDisciplinaDiscurso
12023Paula Godinho[5]AntropoloxíaMemória do Couto Mixto e condição cosmopolita
22023Américo Rodrigues[6]InformáticaAspectos do territorio de Castro Laboreiro e do Couto Mixto, espazos territoriais singulares na Serra do Xurés
32026Carmen Eiró[7]XudicaturaOs incendios forestais transfronteirizos
42026Fernando Serrulla Rech[8]AntropoloxíaExhumacións da guerra civil