Academia Brasileira de Cinema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Academia Brasileira de Cinema e Artes Audiovisuais

(ABCAA)
Academia Brasileira de Cinema


Estatueta do Grande Otelo
Tipo Organización de cinema
Fundação 20 de maio de 2002 (20 anos)
Sede Brasil Río de Xaneiro
Presidente Jorge Peregrino
Sítio oficial academiabrasileiradecinema.com.br

A Academia Brasileira de Cinema e Artes Audiovisuais (ABCAA) é unha organización profesional coa finalidade, entre outras, de outorgar o Gran Premio do Cinema Brasileiro (tamén chamado Premio Grande Otelo) e contribuír ao debate, promoción, desenvolvemento e ciencia do cine como manifestación artística, contribuíndo así a fortalecer a industria cinematográfica brasileira. Tamén se encarga de preseleccionar as películas que representarán o Brasil nos Oscars[1].

Fundada por Luiz Antonio Viana (tamén o seu primeiro presidente) o 20 de maio de 2002, con sede en Río de Xaneiro, conta con máis de 200 membros e serve de instrumento para celebrar a calidade e excelencia do cinema brasileiro. En setembro do mesmo ano no que foi fundada a Academia, a primeira edición do Premio Grande Otelo tivo lugar no Theatro Municipal do Rio de Janeiro[2].

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo Luiz Antonio Viana, fundador e primeiro presidente da Academia:

"A Academia Brasileira de Cinema é um instrumento de celebração da qualidade do cinema brasileiro e mais um veículo de promoção e preservação que irá, sem dúvida, reforçar as alianças entre aqueles que fazem do nosso cinema uma arte maior"[2].

O 20 de maio de 2002, Luiz Antonio Viana fundou a Academia Brasileira de Cinema, con sede no Río de Xaneiro, co obxectivo de crear unha institución dedicada a contribuír ao desenvolvemento e fortalecemento do cinema no Brasil como arte e ciencia por manifestación. Para iso, a idea era crear un premio que puidese celebrar, discutir, promover, fomentar e recoñecer a excelencia das obras realizadas no cine.

Naceu entón o Premio Grande Otelo, que é concedido anualmente pola Academia dende o ano 2002, nun acto retransmitido por televisión aos mellores profesionais nas súas respectivas categorías.

Segundo o expresidente da Academia Brasileira de Cinema, Roberto Farias[2]:

“É conhecida a regra de que quando o cinema nacional faz sucesso, esquenta o mercado e todos ganham. Como diria Euclides da Cunha, 'o cineasta brasileiro é antes de tudo um forte, e a Academia sua fortaleza'. Cada vez mais forte, nossa academia orgulha-se do cinema brasileiro e seus cineastas".

Grande Premio do Cinema Brasileiro[editar | editar a fonte]

Cerimonia do Grande Premio do Cine Brasileiro 2019

O Grande Prêmio do Cinema Brasileiro (tamén coñecido como premio Grande Otelo) é o galardón máis importante do cinema brasileiro, que concede anualmente a Academia co obxectivo de homenaxear a excelencia dos mellores profesionais en cada unha das distintas especialidades do sector. O premio é unha estatuíña bañada en ouro dun cabaleiro cunha espada en homenaxe ao actor brasileiro Grande Otelo. No Brasil, a retransmisión da cerimonia corre a cargo de Canal Brasil.

Está organizado e votado polos propios profesionais. Desde 2004, a votación realízase a través de Internet, a través da páxina web da Academia, e cada membro recibe un contrasinal electrónico para votar, o cálculo realízao PricewaterhouseCoopers, a mesma empresa de audita os Oscar[2].

Categorías premiadas[editar | editar a fonte]

Principais
  • Mellor Película de Ficción
  • Mellor Dirección
  • Mellor Actor
  • Mellor Actriz
  • Mellor Actor secundario
  • Mellor Actriz secundaria
  • Mellor Guión orixinal
  • Mellor Guión adaptado
Secundarios
  • Mellor Película Estranxeira
  • Mellor Película documental
  • Mellor Película de Animación
  • Mellor Película Infantil
  • Mellor Curtametraxe de ficción
  • Mellor Curtametraxe Documental
  • Mellor Curtametraxe de animación


Técnicos
  • Mellor Banda Sonora
  • Mellor Banda Sonora Orixinal
  • Mellor Son
  • Mellor Dirección de Arte
  • Mellor Director de Fotografía
  • Mellor Maquillaxe
  • Mellor Vestiario
  • Mellor Edición de ficción
  • Mellor Edición Documental
  • Mellores Efectos visuais

Ademais dos premios ao mérito á excelencia, a academia outorga anualmente, a través da súa xunta directiva, os Prêmios Homenagem Especial e o Prêmio Especial de Preservação[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pela primeira vez, governo federal não participa da indicação de filme brasileiro ao Oscar". Consultado o 2021-10-17. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Conheça". Arquivado dende o orixinal o 2021-04-10. Consultado o 2021-10-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]