Abu-l-Fadl al-Abbás ibn al-Áhnaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abu-l-Fadl al-Abbás ibn al-Áhnaf
Nacementoc. 750
Lugar de nacementoBasora
Falecementoc. 808
Lugar de falecementoBagdad
NacionalidadeAbbásida
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Abu-l-Fadl al-Abbás ibn al-Áhnaf, máis coñecido como Al-Abbás ibn al-Àhnaf (en árabe عباس بن الأحنف), nado en Basora en 750 e finado en 809, foi un poeta árabe da tribo dos Hanifa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Utilizou exclusivamente o xénero do ghazal ou poesía erótico-elexíaca, na que manifestaba «a falta de esperanza do amor, con personaxes que semellan resignados a unha relación de privación».

Foi amigo do califa abbasida Harun ar-Raxid e exerceu na súa corte. Utilizou un vocabulario sinxelo e o seu estilo foi fluído e doado, influíndo na obra de Abd-Allah ibn al-Mutazz e de Abu-l-Atáhiya. A súa obra foi compilada despois da súa morte por Zúnbur e por Abu-Bakr as-Sulí. Foi moi aprezado en al-Ándalus.