Absorción (son)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A absorción acústica é un fenómeno que afecta á propagación do son. Cando unha onda sonora alcanza unha superficie, a maior parte da súa enerxía reflíctese, pero unha porcentaxe desta é absorbida polo novo medio. Todos os medios absorben unha porcentaxe da enerxía que propagan, ningún é completamente opaco.

A capacidade de absorción de son dun material é a relación entre a enerxía absorbida polo material e a enerxía reflectida polo mesmo. É un valor que varía entre 0 (toda a enerxía reflíctese) e 1 (toda a enerxía é absorbida).

En relación coa absorción terase en conta:

Tipos de materiais segundo a súa absorción[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Absorbente acústico.
  1. Materiais resoantes, que presentan a máxima absorción a unha frecuencia determinada: a propia frecuencia do material.
  2. Materiais porosos, que absorben máis son a medida que aumenta a frecuencia. É dicir, absorben con maior eficacia as altas frecuencias (os agudos). O material poroso máis difundido, a día de hoxe (2005), é a escuma acústica.
  3. Absorbentes en forma de panel ou membrana absorben con maior eficacia as baixas frecuencias (os graves), que as altas.
  4. Absorbente Helmholtz, é un tipo de absorbente creado artificialmente que elimina especificamente unhas determinadas frecuencias.