Abraham Boba
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) David Cobas Pereiro 3 de xuño de 1975 (49 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
David Cobas Pereiro, coñecido artisticamente como Abraham Boba, nado en Vigo o 3 de xuño de 1975,[1] é un músico galego, coñecido principalmente por ser o vocalista e tecladista da banda de indie rock, León Benavente.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Aos 14 anos comezou a tocar a batería.[2] Aos 18 deixou Vigo e marchou a vivir a Barcelona, onde comezou a estudar música, solfexo e a tocar o piano, mentres realizaba distintos traballos (camareiro, compositor de politóns para móbiles...).[3] Montou un grupo de curta existencia chamado Belmode[4] e logo púxose o nome artístico de "Abraham Boba".[5]
Carreira en solitario e Nacho Vegas
[editar | editar a fonte]En 2007 publicou o seu primeiro disco, de título Abraham Boba, no que cantaba e tocaba o piano.[6] En 2008 mudouse a Madrid e pouco despois comezou a tocar o piano no grupo de Nacho Vegas, tanto nos seus discos como nas xiras.[7] En 2009 publicou, co selo discográfico Limbo Starr, o seu segundo disco en solitario titulado La educación. Foi gravado en Cádiz e consta de once temas.[5] Dous anos despois publicou Los días desierto, o seu terceiro álbum.[8]
León Benavente
[editar | editar a fonte]Tras tres discos en solitario e outros catro tocando o piano con Nacho Vegas, en 2012 uniuse a Eduardo Baos, Luis Fernández e César Vedú para crear o grupo León Benavente.[9] En 2013 sacaron o seu primeiro disco, de título homónimo, con 10 cancións compostas por Boba.[10] O grupo alcanzou grande éxito e despois dese disco foron fichados pola Warner, publicaron outros dous álbums (2 e Vamos a volvernos locos, ambos con letras compostas por Boba) e deron multitude de concertos por toda España e fóra dela (destacando numerosas actuacións en México).[11][12]
Colaboracións
[editar | editar a fonte]Ademais de con Nacho Vegas, Boba ten colaborado en traballos de numerosos artistas como Amaral,[13] Tulsa,[14] Julio de la Rosa,[15] Violeta Gil,[16]Pumuky,[17] Carlos Ann,[18] INRA,[19] ou Ornamento y Delito.[20]
No cine
[editar | editar a fonte]Tamén ten traballado no cine, na parte musical dos filme Primos, de Daniel Sánchez Arévalo,[21] Lo contrario al amor,[22] de Vicente Villanueva, e nas curtas Mentiras[23] e Aunque todo vaya mal.[24]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fotomatón Abraham Boba" (en castelán). 11 de maio de 2009. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Abraham Boba (Un turista feliz, lúgubre e introvertido)" (en castelán). 4 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "El paso ‘2’ de León Benavente en México: nuevo disco y quién es quién" (en castelán). 11 de maio de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ Vilá, Juan. "Abraham Boba: «He firmado contratos con compañías independientes muchísimo peores que con una multinacional»". Jot Down (en castelán). Consultado o onde se puxo o nome artístico de "Abraham Boba". A.
- ↑ 5,0 5,1 "El vigués que se oculta tras uno de los discos del año". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de maio de 2009. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Aires de fresca melancolía". El País (en castelán). 12 de maio de 2007. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Podcast Abraham Boba (León Benavente) DJ set" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Abraham Boba: Bastante más que un músico de lujo" (en castelán). 4 de maio de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Una autovía musical a León". Diario de León (en castelán). 26 de abril de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "León Benavente". Musicoscopio (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "León Benavente: La vieja escuela del rock en España." (en castelán). 6 de maio de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "León Benavente, “locos” por Guadalajara" (en castelán). 27 de xuño de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Desvelado el nombre del nuevo disco de Amaral" (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Tulsa presentará “Centauros” el próximo 1 de febrero en Madrid en Ochoymedio Club." (en castelán). 12 de decembro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Julio de la Rosa: Honestidad brutal" (en castelán). 21 de outubro de 2010. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Violeta Gil & Abraham Boba y Laura Sam & Nazareno" (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Pumuky recupera Los Exploradores Perdidos, su disco de 2007" (en castelán). 22 de setembro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "El “Mapa mental” de Carlos Ann regresa a México" (en castelán). 2 de outubro de 2018. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "INRA: “Un disco es la imagen y el sentimiento del artista en un momento concreto”" (en castelán). 27 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2023. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Videoclip de Ornamento y Delito con Nacho Vegas" (en castelán). 8 de decembro de 2010. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Primos". IMDb. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Aunque todo vaya mal". IMDb. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Mentiras". IMDb. Consultado o 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Lo contrario al amor". IMDb. Consultado o 16 de outubro de 2019.