Aborixes tasmanianos
Aborixes tasmanianos | |
---|---|
Imaxe dos catro últimos aborixes tasmanianos de ascendencia totalmente indíxena, c. 1860. Truganini, a derradeira supervivente, sentada máis á dereita. | |
Poboación | |
Poboación total: > 17 000 (descendentes de aborixes) | |
Rexións principais: | |
Australia | 17 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas tasmanianas (extintas), inglés |
Relixión | Animismo, Cristianismo |
Grupos relacionados | Aborixes australianos |
Os aborixes tasmanianos (nomes aborixes: Palawa, Parlevar, Lutrawita ou Trouwunna) son os indíxenas da illa da Tasmania en Australia.
Historia
[editar | editar a fonte]Entre os anos 1803 e 1833, a poboación de aborixes tasmanianos foi reducida dunha estimación de 5 000 persoas a só preto de 300, principalmente debido ós conflitos cos colonizadores británicos e polas doenzas introducidas por estes. Unha das derradeiras aborixes tasmanianas foi Truganini, que morreu en 1876.[1] Porén, actualmente existen moitas persoas descendentes de aborixes tasmanianos nas que perviven algúns aspectos da súa cultura tradicional.
Linguas
[editar | editar a fonte]Hoxe en día considéranse extintas todas aquelas linguas faladas polos aborixes tasmanianos antes da chegada dos colonos europeos. Fanny Cochrane Smith é famosa polas súas gravacións de cancións aborixes en cilindros de fonógrafo, o que representa a única gravación sonora dunha lingua tasmaniana. Así a todo, existe un esforzo para reconstruír unha das linguas que había a partir de listaxes de palabras que se conservaron. A finalidade é a de manter viva a cultura tasmaniana orixinaria a partir de trazos que se mantiveron nalgunhas familias descendentes dos indíxenas tasmanianos.
As diferentes tribos tasmanianas antes de 1803
[editar | editar a fonte]- Lairmairrien (Big River)
- Nuenonnien (Sueste)
- Tougui (Costa suroeste)
- Tommeginner (Norte)
- Tyerremotepanner (Norte)
- Plangermairiener (Ben Lomond)
- Pyemmairiener (Nordeste)
- Pirappien (Noroeste)
- Paredarermien (Baía das ostras)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ William Dalrymple (14 de outubro de 2007). "A lesson in humility for the smug West". The Sunday Times. Arquivado dende o orixinal (HTML) o 25 de setembro de 2019. Consultado o 14 de marzo de 2008.