Ablativo absoluto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En latín, chámaselle ablativo absoluto a unha frase nominal feita no ablativo e que indica o momento, condición ou circunstancias da acción que se describe na oración principal. Utilízase en moitas ocasións en que en galego se precisa dunha subordinada e a estrañeza desta construción ten provocado moitos dores de cabeza a xeracións de estudantes.

O ablativo absoluto é gramaticalmente independente do resto da oración. Normalmente combina un substantivo ou un pronome cun adxectivo. O suxeito vai no ablativo; o predicado pode ser:

me nolente, "contra a miña vontade" (literalmente, "non desexando eu")
Caesare duce, "baixo o mando de César" (literalmente, "sendo César o comandante").

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]