Abdul Hamid II
Abdul Hamid II (en turco otomán: عبد الحميد ثانی, `Abdü’l-Ḥamīd-i sânî; en turco: İkinci Abdülhamit), nado en Istambul o 21 de setembro de 1842 e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 1918, foi o 34.º sultán do Imperio Otomán e o último que exerceu control efectivo sobre o estado en descomposición.[1] Dirixiu o imperio durante o período de decadencia, con rebelións particularmente nos Balcáns, e tivo unha guerra sen éxito contra o Imperio Ruso, seguida doutra guerra vitoriosa contra o reino de Grecia en 1897. Hamid II gobernou dende o 31 de agosto de 1876 ata que foi deposto pouco despois da revolución dos Mozos Turcos o 27 de abril de 1909. Por un acordo cos republicanos Mozos Otománs, promulgou a primeira constitución otomá o 23 de decembro de 1876,[2] que foi un sinal de pensamento progresista que marcou o principio do seu goberno. Con todo, máis adiante, notou a influencia occidental nos asuntos otománs e citando desacordos co parlamento[2] suspendeu tanto a constitución como o parlamento en 1878 e obtivo un maior poder e control efectivo.
A modernización do Imperio Otomán tivo lugar durante o seu reinado, e incluíu a reforma da burocracia e a extensión da rede de ferrocarrís. Ademais desta modernización, estableceuse un sistema para rexistrar a poboación e o control da prensa, ademais da primeira lei de educación moderna en 1898. Na educación foi onde máis alcance tiveron estas modernizacións, establecéndose moitas escolas profesionais (dereito, artes, comercio, enxeñaría, veterinaria, aduanas, granxa, lingüística...). A universidade de Istambul, a pesar de ser pechada por Hamid II en 1881, reabriu en 1900, e estenduse a rede de escolas secundarias, primarias e militares. Desenvolvéronse os sistemas de trens e telégrafos, principalmente por empresas alemás.[2] Durante o seu reinado, o imperio caeu na bancarrota, levando ao establecemento da Administración Otomá da Débeda Pública en 1881.
No estranxeiro, Abdul Hamid II foi alcumando o "Sultán Vermello" ou "Abdul o Maldito", debido aos masacres de armenios e asirios durante a súa etapa e ao uso da policía secreta para silenciar os disidentes e republicanos.[3][4] Estas iniciativas provocaron un intento de asasinato en 1905 por revolucionarios armenios.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Overy, Richard páx. 252, 253 (2010)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Abdulhamid II | biography – Ottoman sultan". Consultado o 2015-09-29.
- ↑ "Sultan beaten, capital falls, 6,000 are slain". The New York Times. 25 de abril de 1909.
- ↑ Hamamdjian, Vahan (2004). Vahan's Triumph: Autobiography of an Adolescent Survivor of the Armenian Genocide. iUniverse. p. 11. ISBN 978-0-595-29381-0.
- ↑ Panossian, Razmik (13 de agosto de 2013). The Armenians: From Kings and Priests to Merchants and Commissars. Columbia University Press. p. 165. ISBN 978-0-231-13926-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abdul Hamid II |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abdul Hamid II Biography
- All Documents about Abdul Hamid in English from a Turkish Web SiteArquivado 23 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- Overy, Richard. The Times Complete History of the World, HarperCollins Publishers ISBN 9780007315697 (2010)
- Akarli, Engin D. (2001). "The Tangled Ends of an Empire and Its Sultan". En Leila Tarazi Fawaz; C. A. Bayly. Modernity and Culture: From the Mediterranean to the Indian Ocean. Nova York: Columbia University Press. pp. 261–284. ISBN 978-0-231-11426-4.
- Georgeon, François (2003). Abdülhamid II. Le sultan calife. París: Fayard.
- Shaw, Stanford J.; Shaw, Ezel K. (1977). History of the Ottoman Empire and Modern Turkey. Vol. 2: Reform, Revolution, and Republic: The Rise of Modern Turkey, 1808–1975. Cambridge, U.K.: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-29166-8.
- Yasamee, F. A. K. (1996). Ottoman Diplomacy: Abdülhamid II and the Great Powers, 1878–1888. Istambul: ISIS. ISBN 978-975-428-088-3.
- Pears, Edwin Sir (1917). The Life of Abdul Hamid (1 ed.). Londres: Constable and Company Ltd. Consultado o 17 de marzo de 2019 – vía Internet Archive.
- Haslip, Joan (1973). The Sultan: The life of Abdul Hamid (2 ed.). ISBN 978-0297765196.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- II. Abdul Hamid Forum in EnglishArquivado 02 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. II. Abdul Hamid Forum in English
- II. Abdülhamit Dönemi Olayları – ittihat Ve Terakki Ödev Sitesi
- US Library of Congress Abdul Hamid II Photo Collection – about 1,800 photographs mounted in albums, ca. 1880–1893
- [1] television show series of TV episodes that are true stories about his life written by his right-hand man