Abbots Langley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Abbots Langley

Abbots Langley é unha vila e parroquia civil do condado de Hertfordshire en Inglaterra. A súa poboación é de 19 574 habitantes.[1] É un asentamento antigo, que dependía da abadía de St Alban e xa aparece no Domesday Book[2] con nome de Langelai. En 1539 Henrique VIII quitoulle as terras da localidade á abadía e vendeulla ao seu enxeñeiro Richard Lee. Economicamente está ligado a Watford e formaba parte do seu antigo distrito rural. Desde 1974 é integrante do distrito Three Rivers.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Censo 2011 - Poboación". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2015. 
  2. Clark, Clive W. (1997). Abbots Langley Then 1760–1960 ISBN 0-9531473-0-4.