Abbas I de Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAbbas I de Exipto

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) عباس حلمي الأول Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1813 Editar o valor em Wikidata
Jeddah, Arabia Saudita Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xullo de 1854 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Banha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Uale (pt) Traducir
1849 – 1854
← Ibrahim Paxá (pt) TraducirMuhammad Said bajá →
Beylerbey of Egypt (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Otomán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , monarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastia Mehmet Ali (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosDamad Prince Ibrahim Ilhamy Pasha (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiTusun Pasha (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Abbas I (ʽAbbās I Hilmi, ou عباس الأول), nado en 1813 en Yidda e morto en 1854 en Banha, foi wali de Exipto e o Sudán entre 1848 e 1854 por mandato do Imperio Otomán. Era fillo de Toussoun Pacha e, por tanto, tamén membro da familia de Mehemet Ali, fundador do Exipto moderno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa mocidade loitou en Siria baixo mando de Ibrahim Pasha, seu tío. Grazas aos británicos, sucedeu a este en novembro de 1848, converténdose en gobernador de Exipto. Opúxose ás reformas modernistas dos seus predecesores, expulsando aos conselleiros europeos, eliminando monopolios comerciais, fechando fábricas e escolas, e reducindo o exército exipcio a 9 000 homes. Foi considerado como un hombe escuro, reaccionario e taciturno, case nunca saía do seu pazo.

Wilhelm Griesinger foi o seu médico durante a súa estancia en Exipto en 1850.

O seu mandato foi de consolidación das reformas ao estilo occidental iniciadas por seu avó (Muhammad Alī), xa fosen descontinuadas ou descuidadas. Aínda que xeralmente desconfiaba dos estranxeiros, permitiu aos británicos construír unha vía férrea entre Alexandría e O Cairo en 1851.

Os ingleses en troques, axudáronlle nas súas leas cos xefes supremos otománs, aos que non obstante Abbas I axudou enviando tropas para loitar na Guerra de Crimea (1853). Foi asasinado por dous escravos no seu pazo de Banhā.

Foi sucedido polo seu tío, Said Pasha.