Abandonware
Aparencia
Abandonware é un termo composto que procede dos termos ingleses "abandoned" e "software". Son aqueles programas e videoxogos nos que os donos do material non inverten na súa protección mediante dereitos de autor ou copyright.
Tamén se refire a aqueles programas e videoxogos descatalogados ou difíciles de atopar á venda pola súa antigüidade. Xeralmente estes programas teñen como mínimo ao redor de 5 ou 10 anos, pero trátase dun tempo aproximado xa que este pode variar segundo o tempo real de comercialización do produto.