Aarón (antroponimia)
Aarón é un nome galego proveniente do hebreo, de probable orixe exipcia. Descoñécese o seu significado, que posiblemente sexa luz, iluminado, montañés, alto ou instrutor. No ano 2011 levaban ese nome 1694 [1] residentes en Galicia e con 85 casos foi o 36º nome máis utilizado entre os nenos recentemente nados[2]. A variante Arón levábana 191 residentes[3] e Aharón 9[4].
Noutras linguas[editar | editar a fonte]
- Árabe: Harún.
- Castelán: Aarón ou Aharón.
- Catalán: Aaró ou Aaron.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Aarón, irmán de Moisés.
- Harún, emperador nas mil e unha noites.