Aappilattoq, Kujalleq
| Aappilattoq (kl) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Dinamarca | |||
| País autónomo | Groenlandia | |||
| Concello | Kujalleq | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 100 (2020) | |||
| Lingua oficial | Lingua groenlandesa | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 0,59 km² | |||
| Altitude | 9 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 3922 Nanortalik | |||
Aappilattoq (antigamente Augpilagtoq) é unha poboación da municipalidade de Kujalleq, no sur de Groenlandia. Significa "anemone de mar" en lingua groenlandesa. Posuía 138 habitantes en outubro de 2011.[1]
A área de Aappilattoq estivo habitada desde o século XIX, mais o asentamento actual fundouse en 1922.
As principais ocupacións da xente son a caza e a pesca.
Posúe unha escola, Jaajap atuarfia, con 22 alumnos no 2006,[2] como tamén unha igrexa.
Até o 31 de decembro de 2008, pertencía a Nanortalik e a partir do 1 de xaneiro de 2009, forma parte de Kujalleq, cando os antigos municipios de Qaqortoq, Narsaq e Nanortalik deixaron de existir como entidades administrativas.
Alberga un heliporto operado pola Air Greenland, aínda que a principal vía de comunicación é a marítima, sendo practicamente inaccesible por terra.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Aappilattoq atópase ao leste de Nanortalik, a uns 50 km ao norte de Cabo Farewell, o cabo máis meridional de Groenlandia, entre fiordes.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Formacións montañosas preto de Aappilattoq.
-
Paredes verticais pétreas dominan a paisaxe preto de Aappilattoq.
Poboación
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Concello de Kujalleq Arquivado 10 de xullo de 2012 en Archive.is (en dinamarqués)
- ↑ Concello de Kujalleq (ed.). "Skole og Daginstitutioner - Aappilattoq". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 30 de outubro, 2011.

