Aakre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escavacións arqueolóxicas en Aakre

Aakre é unha vila do concello rural de Puka no condado de Valga en Estonia xunto ao río Purtsi. Ademais da vila propia de Aakre abrangue os asentamentos de Kivirehe e Matu. En total a poboación era de 322 habitantes en 2006. No seu territorio levántase unha casa señorial que data do século XIX aínda que foi reconstruída polo arquitecto Arnold Matteu (1934)se desde 1920 serviu de escola primaria. Historicamente parte de Aakre constituíu un concello do condado de Tartu que en 1962 pasou ao de Valga e en 1973 integrouse no concello de Puka, a súa capital era Kivirehe.

Pazo (mõis) en Aakre