Aadukalam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aadukalam é un filme támil de 2011 escrito e dirixido por Vetrimaran protagonizado por Dhanush, Taapsee Pannu, V. I. S. Jayabalan e Kishore. A súa estrea foi o 14 de xaneiro de 2011 con críticas moi positivas[1][2][3]. Gañou seis premios nos National Film Awards, entre eles ao do mellor director, mellor actor e mellor guión e cinco no Filmfare Awards South, entre eles o mellor filme, mellor director e mellor actor. O filme sitúase na localidade de Madurai onde as pelexas de galos son máis ca unha tradición, constitúen a forma de vida para xente como Pettaikaaran e Rathnaswamy, competidores habituais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Aadukalam Review». Popcorn.oneindia.in. 14-1-2011. Consultado o 18-12-2012. 
  2. «Movie Review:Aadukalam». Sify.com. Consultado o 18-12-2012. 
  3. «Aadukalam is impressive - Rediff.com Movies». Rediff.com. 14-1-2011. Consultado o 18-12-2012.