A vida vexetal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A vida vexetal
Autor/aLois Xosé Pereira
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa
Xénero(s)Novela
EditorialBaía Edicións
Data de pub.1992
Páxinas111
ISBNISBN 978-84-8767-412-7
editar datos en Wikidata ]

A vida vexetal é unha novela escrita por Lois Xosé Pereira entre 1989 e 1991, e publicada por Baía Edicións en abril de 1992

Sinopse[editar | editar a fonte]

A novela relata a historia de como un rapaz orfo, que non soporta o dominio que lle impoñen na súa casa a súa nai viúva e os seus tíos, decide marchar para vivir coa súa moza nun almacén de xoguetes abandonado. A felicidade invade ao rapaz ao principio; porén, a súa moza (Pandora), queda embarazada e, tras dar a luz a un fillo, a miseria e a falta de traballo terminan por conducir á morte a ambos. O protagonista da historia remata tolo, recluído nun hospital psiquiátrico.

Estilo[editar | editar a fonte]

A obra está ambientada nunha "cidade bíblica", da que nunca se precisa o nome e que periodicamente sofre o ataque duns dinosauros salvaxes, que a derrúen por completo. A obra desenvólvese ao longo de 25 capítulos, nos que o autor relata os sucesos mediante o uso dunha linguaxe complexa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]