Saltar ao contido

A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol
 Título
La tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
Autoría
 Director/a
 Guionista
Temática
 Baseado en
Publicación
 Custo
1.500.000 € Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
2010 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración76 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/0g50db5 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt1677709 Filmaffinity: 570901 Rottentomatoes: m/la_tropa_de_trapo_en_el_pais_donde_siempre_brilla_el_sol Allmovie: v571313 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol (en castelán: La tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol) é un filme español de animación en 3D de 2010 dirixido por Àlex Colls. Baséase na serie de animación A tropa de trapo que se emitiu en galego na TVG. Os protagonistas son animais que combinan a graza coa inocencia. O guión foi escrito Lola Beccaria. Os personaxes e a escenografía son de Marc Clamens e Laurence Jammes, ilustradores e deseñadores gráficos franceses de libros infantís. Este filme foi a primeira experiencia do cinema español en animación 3D para o público infantil. Foi un proxecto presentado na Semana Internacional de Cine de Valladolid (SEMINCI) dese mesmo ano.[1] Estreouse en galego.[2]

Ao igual que na serie, o filme está protagonizado por Mumu, Rita, Milo, Talalo, Olga e Alfred, un grupo de bonecos de trapo. Nesta historia, a vaquiña Mumu emprende unha viaxe para conseguir o seu soño: converterse nunha super estrela.[3]

Galardóns e nomenatos

[editar | editar a fonte]