A festa non vai parar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

"A festa non vai parar" é o segundo sinxelo de DJ Son1c e está considerada a primeira canción dance en galego[1].

Características[editar | editar a fonte]

A vocalista da canción é Montse Fernández, alcumada Isis, que ao igual có produtor da canción, Albert Marqués (Mak), é catalá. A idea xurdiu de Mak xa que en Cataluña estaban funcionando moi ben a música dance en catalán e propúxolle a idea de facer un tema en galego a DJ Son1c. Finalmente a canción publicouse en decembro de 2007 a través do portal moguda.com, sendo de libre descarga e acadando un notable éxito nas discotecas galegas[2]

No 2008 "A festa non vai parar" representou a España no festival Eurodanceweb 2008, unha especie de Eurovisión de música dance, onde se escolleu á mellor canción dance de Europa.

Versións[editar | editar a fonte]

  • "A Festa Non Vai Parar (Radio Edit)" (2007)
  • "A Festa Non Vai Parar (Extended)" (2007)
  • "A Festa Non Vai Parar (Dream Guardians Radio Edit)" (2007)
  • "A Festa Non Vai Parar (Dream Guardians Club Mix)" (2007)
  • "A Festa Non Vai Parar (Albert Kick Remix)" (2015)
  • "A Festa Non Vai Parar (Tommie Marshal remix)" (2015)
  • "A Festa Non Vai Parar (Tss proyect remix)" (2015)
  • "A Festa Non Vai Parar (Javi Slink Remix)" (2015)
  • "A Festa Non Vai Parar (Sweet Remix)" (2015)
  • "A Festa Non Vai Parar (Dream Guardians Remix" (2015)
  • "A Festa Non Vai Parar (Jack Mazzoni remix Radio Edit" (2018)
  • "A Festa Non Vai Parar (Jack Mazzoni remix Extended" (2018)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Hay una crisis de la noche» Arquivado 16 de setembro de 2008 en Wayback Machine., entrevista de Nacho Mirás Fole en La Voz de Galicia, 25 de agosto de 2008.
  2. "O 'dance' en galego pisa con forza", artigo en El Progreso, 17 de xuño de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • [1] Facebook da distribuidora da canción.