A banda de Ovidio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Bande à Ovide
FormatoSerie de animación
Desenvolvido porCinéGroupe
Dirixido porRaymond Burlet, Jean Saraulta
País de orixeCanadá, Bélxica
Lingua(s)Francés
Episodios65
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Jacques Vercruyssen, Jacques Pettigrew, Violette Vercruyssen-Wacha
Duración13 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeTélévision de Radio-Canada
Primeiro episodio12 de marzo de 1987
Derradeiro episodio20 de novembro de 1988
Na rede
IMDB: tt0388631 Allocine: 8852 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A banda de Ovidio é unha serie de animación para a televisión producida polo estudio canadense CinéGroupe en asociación co belga Odec Kid Cartoons, os personaxes creounos e deseñounos Bernard Godi en cooperación co artista e animador belga Nic Brocque[1]. A serie emitiuse orixinalmente en Télévision de Radio-Canada na tempada 1987-1988. En Galicia emitiuna a TVG en 1987, e en Panda Club en 1997.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A serie ten como protagonista a Ovidio, un ornitorrinco que vive nunha illa tropical dos mares do sur, onde lle acontecen un mundo de aventuras coa súa banda de amigos, Ventrucho que é o seu curmán, Guá, o tucano, e Polo, un simpático lagarto. Mais tamén ten que facer fronte aos malevos da illa, Zozo, un tucano de peteiro irisado, e Pi a pitón.

Notas[editar | editar a fonte]