A Severa
A Severa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Maria Severa |
Data nacemento | 1820 |
Nado en | Lisboa ![]() |
Falecemento | 30 de novembro de 1846 |
Lisboa | |
Causa | tuberculose |
Ocupación | cantante e prostituta |
Xénero | fado |
Instrumento(s) | voz |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Maria Severa, nada en Lisboa en 1820 e finada o 30 de novembro de 1846, foi unha cantante portuguesa de fado, considerada a mítica fundadora deste estilo[Cómpre referencia], caracterizada polos seus fados lisboetas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A Severa naceu en Lisboa, no barrio da Madragoa. Era filla de Severo Manuel e Ana Gertrudes. A súa nai era propietaria dunha taberna, e era alcumada A Barbuda, debido á barba que tiña na cara.
A Severa era unha prostituta alta e graciosa, que cantaba o fado (especialmente nunha taberna da Rúa do Capelão). Tivo varios amantes coñecidos, entre eles o Conde de Vimioso (Don Francisco de Paula Portugal e Castro), que ó parecer quedaba enfeitizado pola forma como cantaba e tocaba a guitarra, levándoa frecuentemente ós touros.
Morreu de tuberculose en 1846 na rúa do Capelão, na Mouraria (Lisboa), sendo sepultada no camposanto do Alto de São João nunha foxa común.
A súa fama débese en boa parte a Júlio Dantas, que escribiu a novela A Severa. A obra foi levada ó teatro en 1901, e foi adaptada para facer a primeira película sonora portuguesa, realizada por Leitão de Barros en 1931.