A Guerra da Beatriz
| A Guerra da Beatriz | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
A Guerra da Beatriz é un filme dramático timorense de 2013, en lingua tetum, dirixido por Luigi Acquisto e Bety Reis. É a primeira longametraxe producida en Timor Leste.[1][2]
Estreouse o 17 de setembro de 2013 en Dili.[3] Durante o primeiro mes foi vista por uns 30.000 timorenses en proxeccións ao aire libre.[4] Gañou o Pavo Real de Ouro no Festival Internacional de Cinema da India.[5] Foi proxectada no Festival de Cinema de Adelaida.[6] Tamén gañou dous premios da Sociedade Cinematográfica Australiana.[7]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme está baseado na historia de Martin Guerre[8] ocorrida no século XVI en Francia, trasladada ao contexto de Timor Leste durante a ocupación indonesia. O filme céntrase na vida dunha muller timorense chamada Beatriz. A historia comeza con Beatriz coñecendo ao seu futuro marido, Tomás, sendo ambos nenos. Casan novos e pouco despois comeza a invasión indonesia de Timor Leste. Beatriz loita polo seu verdadeiro amor e polo seu país.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Guerra da Beatriz, novo filme da Dili Film Works" (en portugués). 2 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2018.
- ↑ "Beatriz's War". www.thefilmcatalogue.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2018.
- ↑ "Primeira longa-metragem timorense chegou hoje ao cinema" (en portugués). 17 de setembro de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2018.
- ↑ "Fresh start for East Timor's film scene" (en inglés). 2 de outubro de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2018.
- ↑ "Filme timorense vence festival de cinema da Índia" (en portugués). 2 de decembro de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2018.
- ↑ "Adelaide Film Festival" (en inglés). Archived from the original on 03 de novembro de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2018.
- ↑ "Filme timorense A Guerra da Beatriz estreia em Sydney neste domingo, 23 de março" (en portugués). 6 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2018.
- ↑ http://www.sbs.com.au/movies/review/beatrizs-war-review
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- A Guerra da Beatriz na IMDb (en inglés).