A Genuine Freakshow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Genuine Freakshow
OrixeReading, Inglaterra Inglaterra
Período2005 - presente
Xénero(s)art rock, baroque pop, post-rock
Selo(s) discográfico(s)Peartree Records
MembrosTimothy Sutcliffe
Jack Bryant
Marianne Casey Canning
Melanie Dickson
John Dunstan
Simon Evans
John Szmidt
Artistas relacionadosDry the River, Hope of the States, Lightspeed Champion, Cats and Cats and Cats, Worship, Vienna Ditto, The Wutars, Yearner Babies
Na rede
agenuinefreakshow.com
Facebook: agenuinefreakshow Twitter: agfreakshow MySpace: agenuinefreakshow Souncloud: agenuinefreakshow Musicbrainz: 48273af5-1433-4dfc-b0c1-c00495c09d0a Songkick: 931590 Discogs: 1134297 Editar o valor em Wikidata

A Genuine Freakshow é unha banda de baroque pop inglesa procedente de Reading. Fundouse no ano 2005, acadando a súa actual formación de sete membros no 2008. Despois de varios EPs e sinxelos editados, a banda lanzou o seu álbum de estrea, Oftentimes, en novembro do 2010, a través do seu propio selo Peartree Records.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes de A Genuine Freakshow están no mes de setembro de 2003. Nese tempo Simon Evans e Tim Sutcliffe estaban estudando na Buckinghamshire New University. O seu primeiro concerto (como trío co guitarrista Matthew Harradine) foi no pub The Roundhouse en High Wycombe. A finais do 2004 Natalie Sharp uniuse ao violín, levando á súa amiga Melanie Dickson (violonchelo), despois de que ambalas dúas visen un anuncio nunha tenda de música. A finais dos 2005, EP foi gravado ao vivo nunha noite en Beaconsfield, co novo baixista Matthew Taylor e o batería Dominic Bell.

O ano 2006 non só tivo un cambio na dirección musical da banda, indo do folk acústico cara a un son post-rock, senón que tamén tivo un drástico cambio de membros. Natalie deixou o grupo, Dominic foi substituído por Jon Burgess na batería, mentres que Evans e Sutcliffe mudáronse de High Wycombe a Reading. A comezos dos ano 2007 o EP 0.008% foi gravado coa axuda de Mike Siddell (entón en Lightspeed Champion) no vialín, e do trompetista John Dunstan de Cats and Cats and Cats, ao que a banda coñecera ao ser os seus abreconcertos. Despois de actuar continuamente coa banda, Dunstan uniuse formalmente no ano 2008.

O primeiro sinxelo do grupo, "We are the Undercurrents", foi editado en marzo de 2008, seguíndoo un segundo, "Holding Hearts", no mes de xullo. Ámbolos dous contaban cun novo baixista, o actual John Szmidt, e coa colaboración de Will Harvey ao violín, ao non atopar un substituto para Natalie Sharp. En outubro do 2008, Marianne Casey Canning sería a encargada de ocupar o seu posto, e Jack Bryant chegou máis tarde para preparar unha inminente xira e converterse no batería do grupo.

Durante o ano 2009 a banda continuou de xira e comezou a gravar novo material. O seu álbum de estrea, Oftentimes, foi rematado en abril do 2010 e editado no mes de novembro. A banda tocou en varios dos grandes festivais británicos de verán antes da edición do álbum, como o Bestival, o Summer Sundae e o Two Thousand Trees Festival.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Pastimes 2010 Peartree Records
Oftentimes 2010 Peartree Records

EPs[editar | editar a fonte]

  • EP - 2006 (Peartree Records)
  • 0.008% - 2007 (Peartree Records)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]