A Fouce (Negreira)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Fouce.
A Fouce (Negreira) | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fouce foi un periódico aparecido en Negreira en 1919.
Características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Boletín quincenal. Orgo d'a Federación Agrario-Rexionalista de Barcala, apareceu en xullo de 1919. Era o órgano da Federación, próxima aos conservadores. Estaba dirixido por Salvador García-Bodaño Fernández e entre os seus colaboradores figuraron José Carbonell Alsina, Manuel Ruso Alonso e Manuel Puñal Leis. Publicaba en galego máis de dúas das súas catro páxinas. O último número coñecido é o 4, aparecido o 21 de setembro de 1919.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Duen de Bux, ed. Prensa agraria en Galicia. Ourense. pp. 172–173. ISBN 84-932078-3-7.
- Liñares Giraut, X. Amancio; Lista Liñares, Omayra (2007). TresCtres, ed. Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX. Ames. pp. 99–105. ISBN 978-84-935562-7-3.