Carmen Pesqueira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1907 Marín, España |
Morte | 18 de agosto de 1936 (29 anos) Mogor, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Carmen Pesqueira Domínguez, coñecida como A Capirota, nada na Mouta (Marín) en 1907 e finada no mesmo concello o 18 de agosto de 1936, foi unha muller galega vítima da represión franquista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla do mariñeiro Antonio Pesqueira Pérez e de Gumersinda Domínguez Pesqueira. Era costureira e lavandeira de roupa allea. Lavaba para os relixiosos dun priorato e para as familias ricas de Marín. Nai solteira, en 1936 tiña un fillo de 4 anos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida polos falanxistas de Marín capitaneados por Bruno Schweiger por opoñerse a que fosen golpeadas as persoas maiores que non levantaban o brazo ao sonar o "Cara al Sol". Golpeada, vexada fisicamente, violada e torturada, foi asasinada no Pozo da Revolta de Bagüín, na parroquia de Mogor o 18 de agosto de 1936. A súa morte foi rexistrada a causa de "ferida no corazón". Fóronlle seccionados os seos e o seu corpo foi exhibido por Bueu e tirado na rúa.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
O concello de Marín dedicoulle unha praza en 2018.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Marín dedica una plaza a Carmen Pesqueira 'A Capirota' para "restaurar la memoria" de las víctimas de la represión". Europa Press (en castelán). 18 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Carmen Pesqueira Domínguez, ‘A Capirota’, la lavandera gallega asesinada por enfrentarse sola a la manada falangista". Documentalismo Memorialista y Republicano (en castelán). 17 de setembro de 2018.
- Carmen Pesqueira na páxina web Nomes e Voces.