A Cabra de Cubeliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°39′13″N 8°52′28″O / 42.65361, -8.87444

Boiro, Cespón, Pena da Cabra 01.04.JPG

A Cabra de Cubeliño é un petróglifo situado na parroquia de Cespón no concello coruñés de Boiro. Na estrada de Cespón a Abanqueiro, pasado Quinteiro por unha pista á dereita, atópase o lugar de Cubeliño. O petróglifo está a uns 200 metros da estrada nunha pendente poboada de mimosas.

Está formado por dúas figuras zoomorfas, unha delas incompleta. A figura maior mide 45 x 52 cm e representa dun xeito moi esquemático un cervo con pequenos corvos.