Cérvidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cervo (animal)")
Silz cerf20-2.jpg

Os cérvidos (Cervidae) son unha familia de mamíferos ruminantes que inclúe os cervos e veados. Teñen patas delgadas, pezuños partidos en dous e longos pescozos. Son esveltos herbívoros. Teñen a pelaxe lisa ou moteada, e son os únicos mamíferos aos que lles crecen hastas novas cada ano, formadas por óso morto. Só as desenvolve os machos adultos, utilizándoas durante a época de apareamento, cando os cérvidos compiten polas femias. As hastas empezan a formarse a partir de dúas protuberancias do cranio. Ao medrar, recóbreas un veludo. Cando as hastas crecen, empezan a ramificarse. Finalmente, o veludo cae. Así a cornamenta queda completa.

Presenza en Galiza[editar | editar a fonte]

O cervo común en Galiza localízase principalmente nas serras orientais das provincias de Lugo e Ourense, así como tamén nunha pequena parte do leste da provincia da Coruña. As poboacións actuais son froito das repoboacións cinexéticas.

Na antigüidade a súa poboación extendíase até a costa Atlántica, como amosan os numerosos petróglifos con imaxes de cervos.