Astican

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ASTICAN»)
Astican

Bentago Express en Astican.
TipoSociedade Anónima
Fundación26 de abril de 1972 (51 anos)
MatrizAstilleros de Santander S.A.U.
LocalizaciónAv. de las Petrolíferas, 26, 35008
As Palmas de Gran Canaria
FundadorJosé Ramírez Betencourt, INI
Persoas claveGermán Carlos Suárez
IndustriaNaval
ProdutosBuques
Beneficio48 628 624 € (2016)
Número de empregados145 (en 2016)
Na rede
https://www.astican.es/
editar datos en Wikidata ]

Astican (acrónimo de Astilleros Canarios) é unha empresa do sector naval con sede nas Palmas de Gran Canaria, adicada á reparación de buques e plataformas petrolíferas.

Historia[editar | editar a fonte]

A empresa foi fundada en 1972 polo Instituto Nacional de Industria como factoría de reparacións navais.[1] Cun capital social de cen millóns de pesetas. O 50% do capital social sería do INI, o 40 % de tres filiais da Caja Canaria (Condeca, Protucasa e Coinsa), e o outro 10 % restante da agrupación de reparadores do porto das Palmas de Gran Canaria.[2] En 1989 foi privatizada e vendida ao grupo Italmar, con capital grego e canario, por 600 millóns de pesetas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Semana histórica de Astican" Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine., La Provincia, 29 de abril de 2018 (en castelán).
  2. "El olvidado de Astilleros Canarios", La Provincia, 25 de febreiro de 2013 (en castelán).